Vostede está aquí41st CHALLENGE: INSTRUMENTISTAS DO MESÓN

41st CHALLENGE: INSTRUMENTISTAS DO MESÓN


Chegamos un día máis a outro novo reto, desta vez algo que de seguro vos animará a tod@s, imos a  facer un vídeo musical con todos os instrumentistas que temos no Mesón, tanto alumn@s como familiares. En que consiste o reto? En coller un instrumento musical que teñamos na casa, pois todos temos un, ven sexa creado por nós mesmos con materiais reciclados ( como fixeramos a maraca nun dos retos), percusión corporal, calquera  instrumento de percusión (carillón, xilófono, triángulo, claves, platillos…), de vento ( frauta doce, clarinete, trompeta…) , de corda ( guitarra, ukelele…), teclado,   ou mesmo instrumentos tradicionais, pois sabíades que ata por exemplo unha pota ou culler son instrumentos tradicionais? Así que cada un que colla o seu intrumento e a tocar!!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 41º RETO?

1. Elexir unha canción para tocar ou acompañar co noso instrumento.

2. Preparar a canción en familia.

 3.  Facer unha foto ou vídeo co noso intrumento interpretando unha peza que nos gusta ou levando o ritmo dunha canción  e subilo ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO

Etiquetas