Vostede está aquíActividades NATURAIS 5º (semana 25/05)

Actividades NATURAIS 5º (semana 25/05)


Ola a tod@s, esta semana en naturais imos a repasar cousas relacionadas co oído, imos a facer 2 cousas:

1. Experimento sobre o son: fai un teléfono con 2 vasos e un fío. ( se queredes podedes mandarme un foto ao correo de como vos quedou)

 

Cando falamos emítense ondas sonoras. Ó falar no vaso, estas ondas fan vibrar o fondo do mesmo e transmítense cara o outro vaso por medio da corda, así é que se pode escoitar o que dicimos.

As ondas sonoras da voz chocan contra o plástico do vaso facéndoo vibrar, estas vibracións continúan pola corda e desprázanse ata chegar ó outro vaso, facendo que tamén o fondo deste vibre e o oído humano capture estas e o decodifique como son.

 

 

Fai un burato no fondo de cada vaso, pasas o fío e faslle un nó.  Cando queiras falar coloca o vaso na túa boca e outra persoa para escoitar debe poñer o vaso no oído.

2. Le o seguinte texto: 12 interesantes curiosidades do oído:

Curiosidades sobre os oídos que descoñecías

 

1.   

O centro do equilibrio está no noso oído: o sistemavestibular situado no oído interno é o encargado de coordinar o equilibrio. Por ese motivo, a maioría dos vértigos teñen o seu orixe no sistema auditivo.

 

Credit photo: Innovando salud

2.   

O oso máis duro: o osotemporal, que protexe o oído interno, é o oso máis duro do corpo humano.

3.   

O oso máis pequeno tamén se atopa no oído. O estribo, situado no oído medio e que forma parte da cadea de osiños, é o oso máis pequeno do noso organismo. 

4.   

O oído está sempre en funcionamento: ¿sabías que o noso sistema auditivo nunca durme? Cando durmimos, o cerebro inhibe os sons que nos rodean e, so cando se produce un ruído diferente e máis intenso, é cando o oído reacciona como mecanismodedefensa para poder actuar rapidamente.

5.   

Os 10 sons que máis nos irritan ós humanos: segundo un estudio da Universidade de Newcastle, estes son ossonsquemáisnosmolestan: fricción de un coitelo contra un cristal, un garfo contra un prato de porcelana, o son do xiz nun encerado, unha regra contra unha botella de cristal, un arañazo no encerado, o choro dun bebé, un taladro eléctrico, as cadeas oxidadas dun columpio.

6.   

 A cera é un protector natural: cerume é un fluído que segrega o corpo de maneira automática e que ten como función principal protexer o oído medio de bacterias, po, fungos… Non obstante, se a súa segregación é abundante, pode provocar obstrución e, consecuentemente, producir tapóns nos oídos que afectan á nosa capacidade auditiva.

7.   

O oído interno xera impulsos eléctricos: as ondas sonoras, unha vez que atravesan todas as partes do oído, convírtense  en impulsos eléctricos gracias á cóclea e ó órganodeCorti.

 

 

8.   

Un tubo estreito destápanos os oídos: un tubo de 3,5 cm de longo conectado coa parte posterior da nariz, chamado TrompadeEustaquio, equilibra a presión do aire no oído medio e prodúcenos esa sensación de destaponamento.

9.   

Pódense previr problemas auditivos ca dieta?: os ácidos graxos Omega3 que se atopan en peixes coma o salmón ou o atún fortalecen os vasos sanguíneos do oído interno. Ademais, o ácido fólico e o consumo de vexetais de follas verdes como as espinacas e a leituga, son beneficiosos para previr problemas auditivos causados  polo ruído.

10.

A música escóitase mellor pola esquerda?: segundo un estudio das universidades de California e Arizona publicado en Science, dende o noso nacemento o oído dereito responde mellor ós sons da fala, mentres que o esquerdo percibe mellor os tons continuos ou sons musicais.

11.

Os bastonciños son bos para os oídos?: Aínda que existe o falso mito de que son o utensilio perfecto para a hixiene do oído, o certo é que o oído é o único órgano que se limpa so. Polo tanto os bastonciños son completamente inútiles para manter a hixiene nos nosos oídos, ademais de ser perxudiciais para eles, pois o que conseguen é levar a cera ata o fondo do conducto auditivo e provocar infeccións ou perda auditiva.

 

12.

A forma das orellas é casual?: a súa estrutura e forma actúan de tal maneira que o oído poida captar todos os sons do noso arredor con maior facilidade, ademais de conducir as ondas sonoras ata o tímpano.

 

Responde o seguinte formulario:

FORMULARIO NATURAIS 5º