Vostede está aquíActividades NATURAIS 5º (semana 18/05))

Actividades NATURAIS 5º (semana 18/05))


Continuamos unha semaniña máis con algunha cousa de repaso de naturais, desta vez que nos toca? En esta semana imos a:

Experimento sobre a refracción da luz.

Ler texto “Curiosidades dos ollos” e completar formulario

1. EXPERIMENTO sobre a refracción da luz

Se nun vaso con auga introduces unha culler ou un lapis, comprobarás que estes obxectos se quebran, este fenómeno chámase refracción da luz. Débese a que a imaxe que observamos atravesa diferentes medios: a auga, o cristal do vaso e o aire. Non é que a culler ou o lapis rompan, o que rompe en realidade é l luz das imaxes que vemos.

 

2. LE O SEGUINTE TEXTO: curiosidades dos ollos

 

16 curiosidades sobre os ollos que quizais non saibas

Son indispensables para a túa vida e para o día a día, pero os ollos son uns grandes descoñecidos. Contarémosche 16 curiosidades sobre os ollos e a visión que seguro te sorprenderán sobre este órgano tan vital e fascinante.

1- Os ollos son como una cámara fotográfica de 576 megapíxeles.

2- ¿Sabes cantas veces pode pestanexar unha persoa por minuto? ¡17 veces! En total son 14.000 pestanexos ó día e 5,2 millóns ó ano. Outro dato curioso é que se pestanexa máis ó falar con outras persoas e menos cando lemos.

3- Pestanexar todas estas veces é por un motivo; protexer os ollos, mantelos lubricados e eliminar calquera resto ou partícula que puidese entrar.

4- O ollo humano pode chegar a distinguir ata 10 millóns de cores, pero despois é o cerebro o que debe ter a capacidade de interpretalos.

5- Hai persoas, estímase que un 12% da poboación, que teñen a capacidade de ver máis cores que o resto e chámaselles tetracrómatras. 

 

6- En cambio, tamén hai xente que so ve en branco e negro debido a unha anomalía coñecida como acromatopsia, que se considera un caso extremo de daltonismo.

7- Dise que todas as persoas con ollos azuis descenden dun único ancestro que viviu entre 6.000 e 10.000 anos atrás.

8- Hai xente que nace cun ollo de cada cor, isto coñécese como heterocromía.

9- Aínda que hai persoas que parecen ter os ollos negros, en realidade non existe esa cor de iris como tal. Poden chegar a ser moi escuros, pero nunca totalmente negro. Ter os ollos máis claros ou escuros depende da cantidade de melanina acumulada.

10- Sen contar as horas que pasamos durmindo, ó final do día chegamos a ter os ollos cerrados un 10% del tempo.

11- Os bebés choran moito, pero non é ata que teñen máis ou menos un mes de vida, cando son capaces de producir lágrimas.

 

12- Outra curiosidade sobre os ollos dos bebés é que soen telos de cor clara ó nacer e despois vánselle escurecendo. Isto débese á inmadurez das células que protexen a melanina.

13- Nalgunhas ocasións pode darse que haxa persoas con diabetes de tipo 2 e que aínda non o saiban porque no teñen ningún síntoma, e é nun exame visual onde se pode descubrir a presencia desta enfermidade.

14- Os ollos, pálpebras e as cellas, no seu conxunto poden transmitir as emocións humanas, de feito, algunhas poden facer que a pupila chegue a dilatarse.

15- Xustamente a dilatación é tamén considerada un bo indicador da saúde e a actividade cerebral e obsérvase para determinar posibles danos cerebrais.

 

16- Aínda que poida parecer unha contradición, ás veces cando os ollos están moi secos, choran. É o mecanismo do organismo para contrarrestar esa sequedade ocular e recuperar a humidade que os ollos necesitan.

 

Unha vez visto ao anterior, podes responder o seguinte formulario:

 

FORMULARIO NATURAIS 5º

 

Coidádevos e saúdos e biquiños para tod@s!!=)