Vostede está aquíInformación robótica 5º Educación Primaria para estes días

Información robótica 5º Educación Primaria para estes días


Ola a tod@s, xa que estes días nos toca estar na casa podedes se queredes entretervos con algúns dos xogos de programación que estivemos vendo na clase durante este trimestre. A continuación déixovos os nomes, e se queredes podedes ir apuntando en qué fase de cada xogo estades, así cando volvamos ao cole comentamos cada un o que fixo e que aspectos novos e dúbidas vos foron xurdindo!!;D

Calquera cousa, contactade conmigo a través do meu correo: rslouzao@edu.xunta.es

Xogos de programación ONLINE:

Lembradevos que podedes xogar dende os vosos ordenadores sen necesidade de descargar nada:

Blockly games

 

Se preferides xogar dende o móbil de vosos pais ou ben dende as tablets, decídelle a un adulto que vos instale dende o play store a aplicación "LightBot".

Moito ánimo e seguir programando, que estou segura que o ides facer xenial e que as vosas familias van aprender un montón de vós!!:)

Coidádevos moito e vémonos á volta!!;D

Etiquetas