Vostede está aquíActividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 04/05)

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 04/05)


Ola a tod@s, continuamos con algo de música, desta vez vouvos a deixar algunha cousiña de repaso e unha vez que as repasedes, cubride o formulario que aparece abaixo:

TEORÍA DE REPASO

-VÍDEO DE REPASO: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

 

-AS FIGURAS E OS SILENCIOS: na clase estivemos vendo as figuras e os silencios, o seu nome e o seu valor, déixovos unha táboa de repaso:

 

ACTIVIDADES


1. Observa os seguintes instrumentos de percusión indeterminada, para despois responder ao cuestionario:

2. Xogos interactivos para repasar as figuras musicais e os seus valores  (clicade directamente no nome e xa ides ao enlace)

-Figuras musicais

-Valores das figuras

3. Escoitade os seguintes instrumentos de percusión indeterminada para logo responder ao cuestionario:  (clicade directamente en discriminación auditiva e xa vos leva ao audio)

Discriminación auditiva 

 

4. Repasar a canción de frauta. Os que teñades a frauta e poidades practicar un pouquiño a canción, podedesme mandar un vídeo ou audio de como o facedes ao meu correo, por se tedes algunha dúbida e para correxir erros que poidades ter, déixovos os enlaces as vosas cancións coa partitura e audio para que vos sexa máis fácil estudiala, os que non tedes a frauta na casa porque está no cole, non vos preocupedes:

-Canción frauta 3º: Un ratón me persigue

-Canción frauta 4º: Guateque

Unha vez repasada a teoría anterior  CUBRIDE O SEGUINTE FORMULARIO:

Para cubrir o formulario tedes que clicar directamente donde pon formulario musica 3º e 4º primaria

-Poñer o correo gmail dun dos pais do alumn@ para acceder

-Escribir o nome do alumn@

-Cubrir o formulario ( as respostas chegaranme no momento que o enviedes directamente a min e vos podedes ver nese momento as preguntas que están ben e mal)

-Enviar

 

Formulario musica 3º e 4º Primaria

 

Saúdos a tod@s