Vostede está aquí24th CHALLENGE: POÑÉMONOS EN FORMA COS VIDEOXOGOS!!!

24th CHALLENGE: POÑÉMONOS EN FORMA COS VIDEOXOGOS!!!


Non sempre os videoxogos teñen que ser unha opción sedentaria. Que vos parecería bailar coma Super Mario ou Sonic e facer exercicio con Donkey Kong ou as personaxes de Mine Craft?? Pois nesta actividade imos a realizar varias actividades físicas diferentes e incluso podemos ir escollendo aos nos@s personaxes favorit@s!

Este reto vai a levarse a cabo entre luns e martes, co cal, mércores volveremos a propoñer un reto novo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 24º RETO?

1. Ver o vídeo de "videogames work out" que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia, escollendo as personaxes favoritas nesta aventura e realizando as actividades propostas.

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos ou un vídeo curto e  subila ao padlet da 5ª e 6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

PD: Dicídenos se vos gustan este tipo de actividades para propoñer retos similares con temáticas distintas (Harry Potter, Star Wars....)

 

Etiquetas