Vostede está aquí21st CHALLENGE 13/04/2020: QUEIMAMOS CO ACROSPORT!

21st CHALLENGE 13/04/2020: QUEIMAMOS CO ACROSPORT!


 Pasámola Semana Santa e estamos seguros que onte máis de un e unha se zampou o ovo de Pascua, unha rosca, unha tarta....

Polo tanto, propoñemos que fagades unha sesión de Acrosport para que contrarrestedes ese exceso de calorías, jejejej!

Agardamos que vos guste e que o poidades facer en familia.

Este reto vai a levarse a cabo entre luns e martes, co cal, mércores volveremos a propoñer un reto novo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 21º RETO?

1. Ver o vídeo da sesión de Acrosport que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia sacando fotos das figuras (lembrádevos de levar a cabo as medidas de seguridade que indica o vídeo).

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos e subila ao padlet da 5ª e 6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

 

Etiquetas