Vostede está aquí20th CHALLENGE 09/04/2020: COREOGRAFÍA CONXUNTA “RESISTIRÉ”

20th CHALLENGE 09/04/2020: COREOGRAFÍA CONXUNTA “RESISTIRÉ”


Continuamos unha semana máis cos retos de Ardemiro, xa que estamos en semana santa, Ardemiro propónnos un reto moi especial para facer en conxunto coas nosas familias, como ata agora,  pero coa novidade de que este mesmo reto o faremos cooperando con máis xente, sabedes con quen? coa residencia de maiores de Ordes e cos nosos amigos do grupo de habilidades sociais de Mesón do Vento,  xa que queremos facerlles pasar uns momentos divertidos, alegres e axudar coa nosa compañía a levar o mellor posible estes días un pouquiño máis complicados.

En que consiste o reto? imos a realizar unha coreografía conxunta da canción que está de moda nestes tempos, “resistiré”  do dúo dinámico. Para poder facer a coreografía en conxunto imos a repartir qué parte da canción teredes que grabar cada un, así despois montaremos un vídeo da nosa coreografía, que será enviado á residencia de maiores de Ordes e ao grupo de habilidades sociais de Mesón do Vento. Unha vez enviado, eles poderán ver o noso vídeo e pasarnos a súa aportación ao mesmo para concluir realizar unha montaxe final dun vídeo cooperativo de todos.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 20º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar toda a coreografía en familia e grabar a parte que nos toca a cada un:

INTRODUCIÓN MUSICAL: os mestres do cole

PARTE A: alumnos de primaria e os seus familiares

ESTRIBILLO: alumnos de infantil e os seus familiares

(Os que sodes irmáns en infantil e primaria, podedes grabar ambas partes xuntos!!;D )

3. Gravar o vídeo da parte da canción que nos tocou e subilo ao padlet da 3ª/4ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

Vídeo da coreografía:

PARTES DA CANCIÓN:

INTRODUCIÓN MUSICAL

PARTE A:

Cuando pierda todas las partidas

Cuando duerma con la soledad

Cuando se me cierren las salidas

Y la noche no me deje en paz

Cuando sienta miedo del silencio

Cuando cueste mantenerme en pie

Cuando se rebelen los recuerdos

Y me pongan contra la pared

ESTRIBILLO:

Resistiré, erguido frente a todo

Me volveré de hierro para endurecer la piel

Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte

Soy como el junco que se dobla

Pero siempre sigue en pie

Resistiré, para seguir viviendo

Soportaré los golpes y jamás me rendiré

Y aunque los sueños se me rompan en pedazos

 

Resistiré, resistiré

Etiquetas