Vostede está aquí18th CHALLENGE 04/04/2020: CREAMOS A LIBRERÍA DE ARDEMIRO!

18th CHALLENGE 04/04/2020: CREAMOS A LIBRERÍA DE ARDEMIRO!


Fixemos vídeo recompilatorio deste reto, desfrutádeo:

Pois chega a fin de semana e para comezar esta semana santa un pouco atípica, imos intentar poñerlle inxenio e recomendacións persoais...como?? pois recomendando un libro que vos gustara ou o libro que máis vos marcou como persoa. Obviamente cada un da familia pode escoller 1 distinto, xa que, non todos temos os mesmos gustos, e logo explicar un pouquiño sobre o mesmo, que foi o que máis lle gustou, con que personaxe vos sentíchedes identificados. Vai a saír algo verdadeiramente enriquecedor, diso estamos seguros!

PD: como é un reto de fin de semana, ata luns non haberá retos. Ademais, como é semana santa ímolo a tomar con moita tranquilidade, co cal, haberá retos cada 3/4 días. Así que, quen queira realizar ou repetir retos anteriores, ides a ter tempo para poder realizalos, sen problema.

 

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O RETO 18?

1. Pensa no libro que máis che guste e artella unha presentación do mesmo valéndote do material que ti queiras, non tes porque ter o libro (tendes 2 exemplos de presentación un pouquiño máis abaixo).

2. Grava un vídeo que non sexa superior a 1 minuto nin 25 Mb, para que poidades engadilo no  padlet.

3. Subilo ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas, RETO CONSEGUIDO!

 

 

Etiquetas