Vostede está aquí14th CHALLENGE 31/03/2020: FACEMOS UNHA SESIÓN ACROSPORT!

14th CHALLENGE 31/03/2020: FACEMOS UNHA SESIÓN ACROSPORT!


Queridas familias, amarrade as vosas mallas e os vosos chándales porque veñen curvas, ou mellor dito, figuras!!!

O Concello de Ordes está a realizar un proxecto chamado conFITnamento para que todas as persoas da Mancomunidade se manteñan activas nestas circunstancias que vivimos, e o profe Álex forma parte del, realizando sesións de Acrosport, válidas para todo alumnado en idade escolar e adultos. Un deporte moi moi divertido, que nos axuda a tonificar todo o noso corpo e a mellorar o noso equilibrio. É ,de feito, un dos deportes programados para o 3º trimestre dentro da planificación de Educación Física.

Agardamos que vos guste e que o poidades facer en familia.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 14º RETO?

1. Ver o vídeo da sesión de Acrosport que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia sacando fotos das figuras (lembrádevos de levar a cabo as medidas de seguridade que indica o vídeo).

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos e subila ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

 

Etiquetas