Vostede está aquí6th CHALLENGE 22/03/2020: CREAMOS UN LIPDUB COLABORATIVO DE AGRADECEMENTO!

6th CHALLENGE 22/03/2020: CREAMOS UN LIPDUB COLABORATIVO DE AGRADECEMENTO!


“Papaya, papaya…” a Ardemiro non se lle saca da cabeza ese ritmo tan pegadizo dos Minions . A proba de hoxe trata de facer un lipdub colaborativo de agradecemento, xa que, levamos xa unha semaniña na casa e hai xente que apenas puido ver á súa familia por axudar aos demais, doutores/as , panadeir@s, caixeir@s do supermercado, carniceir@s, camioneir@s, enfermeir@s e un longo etc...son as verdadeiras heroínas e heroes que se expoñen ao contaxio evitando que os demais nos teñamos que expoñer demasiado e ben seguro que se alegrarán de ver o noso vídeo. Tamén nos queremos lembrar d@s contaxiad@s que teñen por diante un futuro incerto e animalos no seu camiño á recuperación completa. Decidimos poñelo un domingo, xa que, seguramente sexa o día no que menos xente traballe e así podedes facelo con toda a familia reunida e a proba é realmente curta (gravacións de 10 segundos). Con todo o que recompilemos deste domingo xeraremos un produto final, que será un vídeo que colgaremos na canle de youtube do centro (en modo oculto, coma sempre), no propio apartado da proba e na portada da web do centro. Damos por feito que, toda familia que sube o seu anaquiño de vídeo entende que está exposta á posterior difusión do vídeo final. Se algunha familia polo motivo que sexa, non puido participar ata agora e quere facelo, que se sinta libre de facelo, isto é coma nas festas, cantos máis, mellor!!!!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 6º RETO?

1- Ver os vídeos que se expoñeran a continuación, máis abaixo, coa canción orixinal, outra traducida para coñecer a letra e outro que serve como exemplo.

2-Realizar unha ou varias mensaxes de agradecemento e motivacionais en 1, 2,3 folios, cartulinas...coma sempre, o que teñades á man.

3-Gravar 10 segundos en horizontal movéndose ao son da música e mostrando as mensaxes e subilo ao novo padlet que ides ver a continuación dos vídeos desta proba, non ao padlet de sempre!

4-Se cumplides as tres premisas anteriores, reto conseguido!

Non faremos comentarios dos vídeos subidos no reto, xa que, estaremos traballando en descargar, unir os anaquiños e facer un vídeo ben chulo, polo tanto, preferimos que os fagades vos cando vexades o vídeo final coas vosas contribucións.

Traemos 2 vídeos coa canción, a primeira é o videoclip oficial da canción e a segunda é unha versión subtitulada para observedes as letras, que teñen unha mensaxe moi potente e nos axuda a facer a gravación. Ademais, poñemos un vídeo de agradecemento como exemplo de como poderiamos facer, iso sí, nos con movemento eh!:

 

Padlet do lipdub colectivo de agradecemento:

Hecho con Padlet
Etiquetas