Vostede está aquíAL e PT

AL e PT


Bos días familias,

En primeiro lugar, esperamos que todos os nenos e as familias que formades o CEIP Mesón do Vento esteades ben.
Con motivo destes tempos tan estraños que nos está a tocar vivir, as mestras especialistas de AL e PT do centro pensamos en facilitarvos dous documentos moi sinxelos onde poderedes atopar diferentes xogos, actividades, materiais e recursos para  traballar dous aspectos fundamentales: a linguaxe oral e a lectoescritura.
Estas actividades están pensadas para os distintos niveis de Educación Infantil e Primaria e, con práctica e imaxinación, poderedes adaptalos ás vosas necesidades.
Esperamos que vos gusten e poidades aproveitalos. Aquí estamos para todo o que precisedes.
Vémonos moi pronto, moito ánimo.
#EuQuedoNaCasa

XOGAMOS FALANDO        XOGAMOS COAS LETRAS

Etiquetas