Vostede está aquí3rd CHALLENGE 19/03/2020: CANTAMOS PARA SALVAR VIDAS!

3rd CHALLENGE 19/03/2020: CANTAMOS PARA SALVAR VIDAS!


Bueno, bueno, bueno, abraiados estamos do nivelazo artístico do noso alumnado e da súa participación nos retos.

Hoxe probablemente fagamos o reto máis importante de todos os posibles, imos aprender unha canción coa que podemos salvar vidas, que gran responsabilidade!!!. Estamos nun momento un pouco extraño das nosas vidas e apenas podemos convivir con xente nin case expoñernos ao exterior,  aínda así, non estamos libres de ter accidente doméstico ou percance persoal. Se isto sucede, temos que saber reaccionar e saber que facer en cada momento, é crucial para salvar vidas.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 3º RETO?

1-Aprenderse a canción da reanimación e os xestos.

2- Practicalos preferiblemente cun familiar (así aprendedes @s dous) ou cun peluche.

3- Unha vez que o controledes, sacade unha foto realizandoo ou un vídeo non máis longo de 15 segundos nin máis de 15 MB, para non ter problemas ao subilo ao padlet.

4- Se cumplides estas tres premisas: RETO CONSEGUIDO!

 

Para axudarvos na súa realización tendes 3 vídeos, o primeiro coa canción, o segundo unha clase de infantil que o está a realizar e por último un exemplo de vídeo que poderiades realizar vos.

Etiquetas