Vostede está aquíInformación actividades naturais 5º

Información actividades naturais 5º


Ola a tod@s, como sabedes en naturais tocábanos empezar co tema 4: ciencia e saúde. Vouvos a propoñer realizar un pequeno traballo para ir coñecendo o tema, o cal está moi relacionado coa situación actual que temos!!;D

O traballo consiste no seguinte:

1. Busca unha enfermidade infecciosa contaxiosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

2. Busca unha enfermidade infecciosa non contaxiosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

3. Busca unha enfermidade non infecciosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

Para realizar o traballo podedes facelo no ordenador, no word ( como xa temos feito na clase) ou se preferides podedes facelo na libreta ou folio.

Xa sei que algúns tedes os libros no cole, por iso para que vos sexa máis fácil realizar este traballo e teñades ademais de internet algunha fonte de información máis,  déixovos subidos aquí mesmo os apuntes do tema, así xa podedes empregalos para o traballo e para ir mirándoos un pouquiño, e cando volvamos ao cole xa teremos algo adiantado!!=)

Para calquera dúbida ou se queredes enviarme o traballo para que volo revise o meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es

Coidádevos moito e vémonos á volta, que seguro que é prontiño!!;D

 

 

AdxuntoTamaño
Apuntes tema 4 ciencia e saude .pdf497.65 KB