Vostede está aquíViaxamos ao Saint Patrick's Day

Viaxamos ao Saint Patrick's Day


  O 17 de Marzo celébrase o Saint Patrick's Day. Dende o noso colexio decidimos facer unha homenaxe o venres 22 de Marzo, onde todo o alumnado acudiu ao centro con algunha prenda verde. Ademais, dende o comedor de Ardemiro, como xa ven sendo habitual, realizouse un discurso en galego e inglés a cargo de 4º. Eles mesmos foron capaces de elaborar o guión nas dúas linguas e logo, poñelo en escena. Seguro que, grazas a eles, coñecemos un pouquiño máis esta festividade, que se celebra de xeito internacional.

Por último, decidimos ver todos xuntos un videoconto sobre a historia dun trasno tradicional irlandés chamado "Leprechaun":

Etiquetas