Vostede está aquíVideoconferencia cun colexio de Turquía

Videoconferencia cun colexio de Turquía


O pasado martes, 12 de marzo, organizamos unha videoconferencia cun colexio turco para o noso alumnado de 5° e 6°. Con esta actividade pretendemos que os rapaces se desinhiban con respecto á expresión oral en inglés ao tempo que se enriquecen coñecendo diversos aspectos culturais de Turquía. Os temas a tratar durante a videoconferencia foron moi variados.

• Pola nosa parte, comenzamos sinalando de onde somos, os nosos pratos típicos, para logo falar do Entroido, da visita de Santi Moar, dos proxectos de robótica, mostrando os nosos Drawbots, e por último, despedímonos cantando unha canción dos Beatles.

• Pola parte do "Mustafa Kemal Primary School", comezaron falando de que vivían no centro do seu país, dos seus pratos típicos coma o Manti, fixéronnos en directo un cadro cunha arte tradicional chamada Ebru. Posteriormente, realizaron unha exhibición de robótica cun Car Robot dirixido por Bluetooth, outro robot que medía temperatura e humidade e un robot animado con LED. Se isto xa podía parecer abondo, sorprendéronnos cun concerto de música tradicional cuns instrumentos chamados Saz (coma unha guitarra) e Ney (semellante a unha frauta).

Para ver o vídeo premede aquí: VIDEOCONFERENCIA CON TURQUÍA.

Etiquetas