Vostede está aquíPremios eTwinning

Premios eTwinning


  No curso 17/18 o CEIP Mesón do Vento elaborou o proxecto "What are some traditional dishes of your country?" na plataforma educatica eTwinning.

  Os tres profesores (Álex, Rocío e Xela) que o levaron a cabo foron premiados co Selo Europeo de Calidade (European Quality Label).

  O xoves 29 de novembro tivo lugar no colexio a cerimonia de entrega de premios e diplomas aos alumnos (incluídos os que xa están en 1º de ESO) que participaron. Contamos coa presenza dos embaixadores galegos de etwinning, o noso inspector, a concelleira Susana (o alcalde está convalecente) e numerosos pais e nais que non quixeron perder o acontecemento.

  Se queredes ver fotos, premede na imaxe. 

Etiquetas