Vostede está aquíTaekwondo en Ordes

Taekwondo en Ordes


  O domingo, 7 de maio tivo lugar o Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar XOGADE, modalidade de exhibición e combate, no pavillón Castelao de Ordes.
  O club ordense Boudsport acadou moi bos resultados na modalidade de combate -única na que se presentaba-, subindo ao podio en todas as categorías nas que participou e acadando o 2º posto por clubes na xeral. Este bo resultado posibilita que todos os seus competidores poidan participar no campionato autonómico que terá lugar en Noia a finais deste mes.
  Pola parte que toca ao noso centro escolar, destacamos a actuación do alumno Mateo Boudjenane  que acadou o 1º posto,  medalla de ouro na súa categoría.
  O alumno Daniel Botana non puido competir xa que non entraba no tramo de idade que requería dito campeonato, pero estivo presente no mesmo ofrecendo todo o seu apoio aos seus compañeiros de club.
  Por último, tamén queremos facer unha pequena mención á actuación de  Diego Varela, ex-alumno deste centro, tamén membro de Boudsport, xa que acadou un destacable 3º posto -medalla de bronce- en dito campeonato.
  Para ver fotos do evento, premede aquí: FOTOS.
Etiquetas