Vostede está aquíO Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación


QUE É?

O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde o centro para asesorar e informar a pais, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico dos nosos alumnos.

PARA QUE SERVE?

Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, problemas auditivos, etc.

O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais dos nenos e nenas e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.

É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que sen ser estrictamente académicas poidan incidir no desenvolvemento do neno, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.

QUEN O INTEGRA?

-Orientador: Profesional con formación en Psicoloxía e Pedagoxía.

-Profesor de Pedagoxía Terapéutica (PT): Formada para atender aspectos relativos á mellora da lectura e escritura, aprendizaxe de estratexias básicas, realización de apoios ...

-Profesor de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia.

COMUNICACIÓN

Para calquera dúbida ante unha necesidade do seu fillo ou para realizar unha consulta ou solicitude de asesoramento pode chamar ao centro e preguntar polo orientador (Antonio).

Etiquetas