Vostede está aquíMobilidade a Lisboa co alumnado - Día 2 - 15/04/24

Mobilidade a Lisboa co alumnado - Día 2 - 15/04/24


Á chegada ao colexio, dividimos ao grupo en 2. Uns foron a clases de castelán cun grupo de 8° onde presentamos o Camiño de Santiago e os outros foron a unha clase de Inglés de 5° sobre as descripcións físicas "The way we look".

Logo do recreo, fomos ao Museo da Auga onde entre outros contidos, aprendemos sobre a pegada hídrica, o ciclo da auga, o saneamento, a historia de como evolucionou o abastecemento da auga en Lisboa e na Almada e canta auga precisamos para obter distintos alimentos e obxectos.

Subimos ata o Cristo Rey, que ten un mirador espectacular onde obsevabamos parte da cidade de Lisboa e Belén e a ponte 25 de Abril.

Pola tarde, fomos ao centro de Lisboa, a ver a súa Catedral e a realizar un breve tramo do Camiño de Santiago rematando no museo do Fado. Logo das compras no barrio da Alfama subimos ao mirador de Santa Lucía e visitamos as prazas máis emblemáticas da cidade.

Etiquetas