Vostede está aquíCurso de Robótica en familia

Curso de Robótica en familia


Dende o mércores 8 de novembro ata o vindeiro mércores 15 ás 12:00 do mediodía, comezará o prazo para apuntarse no curso gratuíto de 20 horas de “Robótica en familia”, no cal haberá 10 prazas dispoñibles para 1 nai/pai/titor legal por nen@ que queiran mellorar a súa competencia dixital.

Isto quere dicir que, por cada nen@ irá un só adulto. No caso de que vaian irmáns, contará coma unha soa praza, pero sempre deberán ir acompañad@s pola nai/pai/titor/a legal.

 O curso desenvolverase os luns de 16:15 a 18:15 (data de inicio o 20 de novembro ata o 11 de marzo).  

O criterio de selección será a prevalencia do alumnado de cursos altos, xa que consideramos que non van poder ter outra oportunidade deste estilo. Polo tanto, priorizaranse as familias de 6º de Educación Primaria e logo continuaremos por orde descendente (5ºEP, 4ºEP,...). No caso de haber un empate, librarase por sorteo pola letra do apelido do nen@ que solicita a praza, sendo a letra S a escollida de primeira. Seguiremos a listaxe oficial do alumnado dese curso por orde alfabético. A listaxe estará exposta no taboleiro de anuncios do centro.

Este curso correspóndese cunha serie de accións formativas organizadas polo centro para a mellora na competencia dixital de toda a comunidade educativa dentro do programa europeo “Learning from the extremes” no que somos un dos 3 centros educativos seleccionados de toda España, e polo cal, percibimos unha dotación económica para tal fin.

Esta folla de inscrición deberedes de enviala por correo electrónico ou entregala persoalmente no centro. A solicitude, os contidos e o calendario do curso estarán na páxina web.

A idea é que o mércores 15 saia a listaxe coas persoas admitidas.

Animámosvos a que participedes, xa que, é un curso gratuíto para que vos iniciedes na robótica dun xeito moi lúdico e familiar.

AdxuntoTamaño
Autorización Learning 3 - Robótica en familia.pdf119.38 KB
Robótica en familia calendario.pdf104.33 KB
Contidos formación familias.pdf41.12 KB