Vostede está aquíCurso gratuíto sobre a iniciación á Informática no CEIP Mesón do Vento

Curso gratuíto sobre a iniciación á Informática no CEIP Mesón do Vento


Dende hoxe mércores 4 de outubro ata o vindeiro martes 10 de outubro ás 12:00 do mediodía, comezará o prazo para apuntarse no curso gratuíto de 20 horas sobre a iniciación á informática polo cal haberá sobre unhas 16 prazas dispoñibles para nais/pais/titores legais que queiran mellorar a súa competencia dixital.

Logo de falar coa empresa, concretamos os martes de 16:15 a 18:15 (data de inicio o 17 ou 24 de outubro ata finalizar o trimestre ou comezar o seguinte). 

O criterio de selección será por orde de inscrición ata esgotar as 16 prazas existentes.

Este curso correspóndese cunha serie de accións formativas organizadas polo centro para a mellora na competencia dixital de toda a comunidade educativa dentro do programa europeo “Learning from the extremes” no que fomos seleccionados como un dos 3 centros educativos de toda España, e polo cal, percibimos unha dotación económica para tal fin.

Tendes a folla de inscrición nos arquivos adxuntos, que deberedes enviar por correo ou entregala persoalmente no centro (levarédela na mochila hoxe)  no horario de atención ás familias, para que conste o día e hora da entrega. Tamén tendes os contidos a traballar (que serán adaptables ao grupo).

A idea é que ese mesmo martes 10 de outubro saia a listaxe coas persoas admitidas e se expoñerá no taboleiro de anuncios do centro.

Animámosvos a que participedes, xa que, é un curso gratuíto no que vos expedirán un certificado sobre as horas recibidas, que pode ser ben valorado no ámbito laboral.

AdxuntoTamaño
Autorización Learning 2 - Curso Informática.pdf117.97 KB
Internet (1).pdf116.66 KB
LibreOffice (1).pdf160.18 KB
Horario de atención á familia.pdf118.88 KB