Vostede está aquíInformacións de comezo do curso

Informacións de comezo do curso


- Estamos tendo problemas con Abalar, co cal, vémonos obrigados a publicalo na web e trasladalo aos grupos de Whatsapp dos diversos cursos para que teñades a información o máis actualizada posible, sentimos de antemán as molestias.

- As actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro. Ese día ás 16:15 no pavillón haberá a reunión con todas as familias do centro para a presentación do claustro e a posterior reunión coas titorías onde, entre outras cousas, se aportarán as listaxes de material.

Concretamente, as familias de 5º e 6º de Primaria tamén abordaran infomación sobre as actividades formativas de VIÉRNOLES – CANTABRIA e de Erasmus+.

As familias de 3º de Primaria e novas no centro dos cursos comprendidos entre 4º e 6º deberán asinar a autorización para as seccións bilingües do vindeiro ano que serán facilitadas ese día.

As familias de 3 anos, NON teñen que acudir este día, serán informadas das súa reunión unha vez rematado o período de adaptación.

- Para evitar os extravíos, pregamos que a roupa do alumnado teña o seu nome, igualmente para o neceser e os tenis de Educación Física e Psicomotricidade.

- A roupa que queda doutros anos, se non se recolle ese día, levarémola para un punto de recollida preto do centro.

- En Educación Musical non haberá seccións bilingües. No seu momento alegouse dende o centro para que se puideran manter pero debido a que non somos un colexio plurilingüe o profesorado que imparta música non ten que ter ese perfil. Como ben sabedes, a aposta deste equipo directivo é moi clara en prol da internacionalización do noso centro e así seguiremos.

- Todo o alumnado que solicitou praza no comedor e/ou no transporte escolar ESTÁ ADMITIDO.

Oxalá sexa un ano moi enriquecedor para tod@s e contamos coa vosa colaboración para todas as aventuras e retos que temos por diante para facer do CEIP Mesón do Vento un lugar mellor.

Etiquetas