Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Nadal 2014

 No CEIP Mesón gústanos o Nadal como a todo o mundo e os nosos rapaces gozaron estes últimos días preparando adornos, o Belén, as postais, etc.

  Pero o último día antes das vacacións foi o mellor: Comezamos cun contacontos da clase de 5º, logo unha exhibición de patinaxe, a rica comida de Nadal e xa pola tarde a visita do Rei e o festival de entrega de premios e panxoliñas. Todos marchamos máis alegres esperando que estas datas repartan un pouquiño de felicidade a todos.

Magosto 2014

 O xoves 6 de Novembro, nun día frío e chuvioso, celebramos o noso tradicional Magosto.

  Como sempre Virtudes e Anabel asaron as castañas, que estaban estupendas. A novidade deste ano foi que os alumnos veteranos eran os encargados de dirixir os xogos e a distribución das castañas, labor que fixeron de marabilla.

  Se queredes ver fotos, premede sobre a imaxe. 

Entroido 2014

  O venres, día 28 de febreiro tivo lugar a celebración do Entroido no cole.

  Este ano o tema foi "Unha feira do tempo dos nosos avós", así que todo o mundo acudiu disfrazado de paisano. Cada ciclo competiu por montar o mellor posto do mercado e todos compramos as mercancías que quixemos cos cartos que levabamos. Pero sen dúbida o produto máis demandado foi o chocolate da nosa tenda!!!

Vermes de seda 2014

  O 13 de xaneiro Mª José Martínez xunto con Albino Quinteiro viñeron contarnos a todos os rapaces do cole a historia que hai detrás dun pano de seda: a lenda chinesa, a vida dos vermes e o proceso de fabricación da seda que vimos en vivo e en directo. Estivo xenial. Se queredes ver fotos clicade no verme.

Nadal 2013

  O último día de clase do 1º trimestre pasámolo en grande. Pola mañá vimos películas e logo comemos un xantar de Nadal co seu marisco e as súas sobremesas típicas.

  Pola tarde asistimos á entrega de premios polo concurso de postais e á representación do conto "Unha boa merenda ..." feito pola clase de 5º. Recibimos os agasallos do Rei Mago e logo despedímonos da profe Jéssica. Ata o ano que ven!

Magosto 2013

  O venres 8 de novembro celebramos o MAGOSTO. Como sempre Virtudes e Anabel asaron as castañas (primeiro ao aire libre e despois dun pequeno diluvio, debaixo do cuberto).

  Mentres, nós pasábamolo de medo xogando no pavillón e debaixo do cuberto de Infantil. A última hora dedicámola a comer as castañas que estaban espectaculares.

  Se queredes ver as fotos dese día premede na imaxe da castañeira.