Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Excursión a Buscás 2016

 O 20 de maio todo o cole fomos de excursión á escola de Buscás. Os pequeniños e máis 1º foron en autobús ata A Carballeira, pero o resto fomos andando como campións e, aínda que ao final chegaba, ninguén se queixou. Logo tivemos o merecido xantar, actuación con pandeiretas e plantación coas mozas de "Vagalume". Foi unha pasada! Premede na imaxe para ver as fotos.

Letras Galegas 2016

 O mércores 18 de maio  fixemos unha xornada de portas abertas para celebrar por todo o alto as Letras Galegas cun pequeno festival.

  Despois da actuación dos rapaces de Educación Infantil, o profe José Antonio cuns amigos deunos un concerto de música galega e de paso algunhas nocións sobre costumes antigos, instrumentos, bailes, etc.

  A mañá rematou, como non podía ser menos, en festa rachada con todos bailando no patio. Coma sempre, para ver as fotos premede na imaxe.

 

Lupeon 3D 2016

 O venres 4 de marzo viñeron ao noso cole Sergio e Lorenzo, dous mozos de Ordes que estudaron en Vigo e que traballan en Lupeon 3D, unha empresa tecnolóxica especializada en traballos en 3D.

  Trouxeron unha impresora que estivo facendo unha chave inglesa mentres eles explicaban aos rapaces de primaria as infinitas posibilidades desta tecnoloxía. Logo regaláronnos unha morea de pezas feitas deste xeito. Foi unha hora na que aprendemos moito. Para ver máis fotos, premede na imaxe.

ONCE 2016

 O martes 23 de febreiro viñeron ao noso cole María e Carmen, ambas invidentes, que deron unha amena charla aos nosos alumnos de primaria sobre as dificultades que teñen que afrontar este tipo de persoas. Vimos de primeira man con interesantes demostracións o difícil que é desenvolverse sen vista e a sorte que temos!

Entroido 2016

 Este ano no cole decidimos xuntar as celebracións do Día da Paz co Entroido. Como? Moi fácil: facendo que o tema dos disfraces fose a PAZ. E quen a representa mellor cas pombas? Iso si, as nosas pombas eran modernas e multicolores.

 Despois do desfile, bailamos e tomamos chocolate e sobremesas de Entroido. Que ben o pasamos! Preme na pomba para ver as fotos.

Nadal 2015

 Por fin chegou o tan ansiado último día de clase do trimestre. As últimas semanas traballamos a tope, facendo exames, recollendo comida, facendo postais e adornos e, sobre todo, ensaiando para que o festival saíra o mellor posible. O xoves fomos visitar a árbore do campo da feira e levamos a guía literaria. E o venres ... FESTIVAL coa presenza das Súas Maxestades! FELIZ NADAL a todos!

CÁRITAS de Ordes agradece aos pais e nais do noso CEIP a súa solidariedade. Dous dos seus membros, Clemente Boo e José González, viñeron despois do festival e levaron ese mesmo día os alimentos recollidos. Se queredes saber exactamente o que levaron, premede aquí.

Magosto 2015

 O xoves 5 de novembro celebramos o Magosto. Queriamos facelo fóra do cole pero un tempo de cans obrigounos a quedar. Aínda así houbo novidades: Bieitoo castañeiro de Ordes, foi este ano quen nos asou as castañas co seu carro supersónico. E ata lle cantamos unha canción! Ah, se queredes facer un crebacabezas da imaxe premede aquí.

Os Viqueiras 2015

 O 15 de maio viñeron ao cole  "Os Viqueiras"   para celebrar connosco as LETRAS GALEGAS.

  É un grupo moi famoso porque foi fundado hai moitos anos polo gran gaiteiro Manuel Viqueira (xa falecido) e ameniza innumerables festas da comarca. Hoxe, liderados por Manolo Viqueira fillo, continúan co seu infatigable labor de divulgar entre a xente o coñecemento dos nosos instrumentos e música tradicional

 

Entroido 2015

 O Entroido é unha das nosas festas preferidas. Este curso celebrámolo o venres 13 de febreiro.

  Como é o ano das MATEMÁTICAS todos os nosos disfraces tiñan esa temática (lapis para facer números, fichas de dominó, táboas de multiplicar e pezas de xadrez).

  O día foi chuvioso así que quedamos no pavillón gozando da festa e do chocolate! Premede na imaxe para ver as fotos.

Nadal 2014

 No CEIP Mesón gústanos o Nadal como a todo o mundo e os nosos rapaces gozaron estes últimos días preparando adornos, o Belén, as postais, etc.

  Pero o último día antes das vacacións foi o mellor: Comezamos cun contacontos da clase de 5º, logo unha exhibición de patinaxe, a rica comida de Nadal e xa pola tarde a visita do Rei e o festival de entrega de premios e panxoliñas. Todos marchamos máis alegres esperando que estas datas repartan un pouquiño de felicidade a todos.