Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Observación da natureza

  O 19 de xuño os rapaces de Infantil presenciaron como dous especialistas capturaban paxaros para despois colocarlles aneis na pata e soltalos outra vez. Logo, os alumnos de 2º curso visitaron o río Mercurín para observar a súa flora e fauna. Preme no paxaro para ver as fotos.

Letras Galegas 2017

  Este curso a celebración do Día das Letras Galegas mesturou deporte (unha carreira -inicialmente prevista no exterior pero que tivemos que celebrar no pavillón ante a ameaza de choiva-) con cultura (logo recitamos poemas, cantamos... no noso escenario). E como fin de festa pola tarde tivemos -grazas á ANPA do cole- a divertida e rockeira actuación do músico PAKOLAS. Podedes ver fotos premendo no cartel.

Visita á cociña

 Dentro da actividade dos contratos-programa, os alumnos de primaria (convenientemente vestidos) visitaron as instalacións da cociña onde José Luis e Carmen lles ensinaron como traballan, como funcionan os modernos aparellos que usan e o escrupulosos que son coas normas de hixiene. Preme na imaxe para ver as fotos. 

Plantación de primavera

  Cuns días de retraso por culpa do mal tempo celebramos o comezo da primavera plantando unha árbore.

  O mércores 29 de marzo despois do recreo todas as clases participamos na plantación dun loureiro americano e ao final levamos un pequeno agasallo do concello.

  Logo, o venres 31 de marzo, entregáronse os diplomas e unha plantiña de regalo aos equipos gañadores do concurso que se efectuou durante toda a semana. Premede na imaxe para ver as fotos.

Entroido 2017

 O venres  24 de febreiro celebramos o Entroido no colexio cun desfile polas rúas do Mesón do Vento acompañados por numerosos pais, nais, ex-alumnos e público en xeral.

  A festa rematou cunha chocolatada e doces típicos destas datas. Se queredes ver algunha foto, premede na imaxe.

Romeo e Xulieta 2017

O martes 31 de xaneiro viñeron ao cole os membros da asociación "Andaina" para interpretar unha versión "sui generis" da coñecida obra "Romeo e Xulieta".

  Para a ocasión invitamos de novo ao alumnado de Habilidades Sociais da nave do campo da feira do Mesón. A representación foi todo un éxito e logrou captar a atención do público que a premiou con grandes aplausos. Podedes ver algunha foto premendo na imaxe.

Día da paz 2017

   O luns 30 de xaneiro celebramos o DÍA da PAZ cunha gran novidade: invitamos ao alumnado do Grupo de Habilidades Sociais á nosa celebración e todos os xogos baseábanse na idea de INCLUSIÓN. Rematamos con rosquillas e zume e pasámolo de medo. Premede na imaxe para ver as fotos.

Festival de Nadal

 O mércores 21 celebramos o gran festival de Nadal onde representamos obras de teatro e cantamos e bailamos panxoliñas. Como fantástico fin de festa recibimos a visita de SSMM os tres Reis Magos. Para ver as fotos, premede na imaxe.

Ah! E logramos moita comida que entregamos a Cáritas de Ordes. Para saber exactamente canta, preme aquí.

Magosto 2016

 O venres 11 de novembro (San Martiño) celebramos o noso tradicional Magosto no cole. Aínda que ameazaba chuvia o tempo mantívose bastante bo e todos gozamos dos xogos no pavillón e das castañas. Premede na imaxe para ver as fotos.

Amigos da Canceira 2016

  O xoves 26 de maio visitáronnos dúas integrantes da Asociación de amigos da canceira de Ordes acompañadas de "Chelsy" para falarnos de como debemos tratar ás nosas mascotas.