Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Carreira contra a leucemia

  O venres 26 de outubro toda a comunidade escolar do CEIP Mesón do Vento participou nunha Carreira contra a Leucemia infantil, actividade solidaria co obxectivo de recadar fondos para a investigación desta terrible enfermidade. E ademais pasámolo moi ben, que todo axuda. Para ver fotos, premede na imaxe. 

  Feitas as contas, recadáronse 225,20 € que foron enviados á "Fundación Unoentrecienmil" a través dun ingreso feito no Banco de Santander. Grazas a toda a comunidade escolar por esta aportación.

Preescolar na casa

  O venres 8 de xuño recibimos ás monitoras de Preescolar na casa cos seus alumnos e nais, xunto cos alumnos de próxima incorporación ao noso colexio. Á festa sumáronse os nosos alumnos de Infantil. Non faltaron uns doces tentempés, cortesía dos nosos cociñeiros. Foi todo un éxito!

Letras Galegas 2018

 O venres 18 de maio, celebramos como se debe a gran festa das Letras Galegas coa "2ª Carreira polas Letras" a carón do campo de fútbol do Mesón do Vento cunha gran participación de toda a nosa comunidade.

  Pola tarde visitounos o grupo "@s Rebuldeir@s" onde toca o noso antigo profe Jose. Foi un perfecto fin de festa! Para ver fotos, premede na imaxe.

Plantando unha árbore

  Para celebrar axeitadamente a chegada da primavera (ou o que sexa isto que temos) os rapaces de Infantil e 4º de Primaria plantamos unha cerdeira no patio do noso cole. Ademais acompañounos una representación do noso concello encabezada polo propio alcalde. Para que fose mellor o día repartiu un pequeno agasallo aos participantes. Se queredes ver algunhas fotos, premede na imaxe.

Entroido 2018

  O venres 9 de febreiro (un día frío e chuvioso) celebramos o Entroido no cole. Este ano o tema elixido foi a IDADE MEDIA, así que toda a semana transformamos o colexio nun pequeno castelo. Ata a comida dese día era sen usar cubertos. Tristemente non fixemos o paseo polas rúas temendo que chovera, pero divertímonos igualmente no pavillón e aproveitamos para tomar un bo chocolate quente! Preme no castelo para ver as fotos.

Nadal 2017

  O 21 de decembro tivemos o noso festival coa asistencia de numerosos pais que pagaron a entrada traendo comida (para ver a cantidade exacta, premede aquí), que logo será entregada a Cáritas de Ordes. Contamos, grazas á ANPA, coa presenza das Súas Maxestades, os tres Reis, vidos directamente de Oriente. Preme na imaxe para ver fotos.

Visitando Ordes

  O martes 19 de decembro todos os alumnos de primaria (de 1º ata 6º) fomos de visita a Ordes.

  Vimos o chulísimo e espectacular belén que hai na igrexa parroquial de Santa María, logo achegámonos ao salón de plenos da Casa do Concello e ... o que máis nos divertiu: patinamos (ou intentamos non caer demasiado) na pista de xeo da alameda. Para ver as fotos, preme na imaxe.

Viaxe ao Reino das Emocións

  O colexio está a participar nun proxecto da Fundación Meniños que se chama "Viaxe ao Reino das Emocións" co obxectivo de que os nenos identifiquen e aprendan a xestionar as súas emocións. Velaquí uns enlaces onde poderedes atopar información interesante para as familias. Se queredes ver fotos das actividades que fixemos, premede na imaxe. Se queredes ver as fotos da páxina web onde aparece o noso cole, premede aquí. E se queredes ver unha presentación moi chula, resume do proxecto, premede aquí.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS     MAPA DA ACTIVIDADE    CONTO

Se queredes ver o vídeo da canción que lles cantou Pablo Díaz aos nosos rapaces, premede abaixo:

Praza de Abastos 2017

  O venres 24 de novembro os cursos de 1º e 2º fomos de visita á Praza de Abastos de Ordes. Alí atendéronnos moi ben, prantamos sementes, ordeñamos unha vaca, vimos as tendas e tomamos chocolate con churros!

Magosto 2017

  O venres 10 de novembro celebramos o noso Magosto. Este ano cambiamos a nosa habitual tradición da tarde de xogos: grazas a ANPA contamos coa actuación do mago Benxamín co que o pasamos realmente xenial. Logo, agora si como sempre, saímos ao patio a comer as ricas castañas asadas por Anabel e Virtudes. Foi un día superdivertido!!! Preme na castañeira se queres ver fotos desa tarde.