Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Ardemiro en Andalucía

O venres 27 de setembro , na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata Andalucía. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 6º curso. Oleeeeé!

Solicitudes Comedor 19-20

  Para ver información sobre o servizo de comedor para o curso 2019-2020 premede nas seguintes ligazons:

CIRCULAR SOBRE O COMEDOR ESCOLAR                ANEXO II

Ardemiro en Rusia

O xoves 13 de xuño, na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata Rusia. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 6º, que xa están a piques de comezar unha nova etapa no instituto. Botarémolos moito de menos e desexámoslles dende a cociña de Ardemiro moita sorte e que continúen comendo saudablemente.

Enquisa sobre a cociña de Ardemiro

Co gallo de mellorar día a día, gustaríanos que se invertiran 3 minutiños en realizar esta enquisa anónima para nais/pais e alumn@s.

 

Preme na ligazón para nais/pais e alumn@s: https://drive.google.com/open?id=1PYu3pGIPX9F-KH2EQt5b9NYQeCMOTnYmFTsxA1MiGpk

 

Ardemiro en México e Turquía

O xoves 9 de maio, na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata México. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 3º curso. Logo a viaxe, o venres 31 de maio, continuou ata Turquía e aquí foi o turno d@s alumn@s de 2º curso.

Viaxamos ao Saint Patrick's Day

  O 17 de Marzo celébrase o Saint Patrick's Day. Dende o noso colexio decidimos facer unha homenaxe o venres 22 de Marzo, onde todo o alumnado acudiu ao centro con algunha prenda verde. Ademais, dende o comedor de Ardemiro, como xa ven sendo habitual, realizouse un discurso en galego e inglés a cargo de 4º. Eles mesmos foron capaces de elaborar o guión nas dúas linguas e logo, poñelo en escena. Seguro que, grazas a eles, coñecemos un pouquiño máis esta festividade, que se celebra de xeito internacional.

Por último, decidimos ver todos xuntos un videoconto sobre a historia dun trasno tradicional irlandés chamado "Leprechaun":

Xornadas gastronómicas de Estados Unidos

  Grazas ao noso auxiliar de conversa, Caleb Hightower natural de Misuri, logramos facer dúas xornadas gastronómicas sobre Estados Unidos de América. Nestes vídeos observaredes as curiosidades e ingredientes de cada prato, tanto en galego coma en inglés.

Se non entendedes algo, podedes traducir automáticamente os textos que cargamos na marxe de abaixo. Cada un dos dous días dedicámolo a unha rexión concreta:

  • Primeiramente, Southern America (a parte sur de Estados Unidos):

  • Logo, centrámonos na rexión de New England (noreste do país):

Festexamos o noso particular día de Francia!

  Como ben sabedes, unha vez ao mes, dende o comedor elaboramos menús de diferentes países para que o noso alumnado poida gozar de distintas texturas, sabores...a última viaxe de Ardemiro ata a data foi a Francia onde degustamos uns pratos deliciosos.

  Deixámosvos un vídeo o cal é un extracto da exposición que fixo o alumnado de 6º sobre diversos aspectos sobre Francia coa axuda da súa mestra Bea. Agardamos que vos guste!

Segunda quenda de recreos saudables!

Nas vindeiras dúas semanas (do 18 ata o 29 de marzo), voltaremos a ter “as merendas de froita no cole”.

 

Luns 18

Martes 19

Mércores 20

Xoves 21

Venres 22

Amorodo

FESTIVO

 Pera

Mazá

Mandarina

Luns 25

Martes 26

Mércores 27

Xoves 28

Venres 29

Uva

Melón

Amorodo

Plátano

Mandarina

 

Como compensación ao martes 19 que foi festivo e para completar as dúas semanas de froita, teremos amorodos no recreo do vindeiro luns 1 de abril.

Recreo da mañá con froita!

Benqueridas familias!

Co gallo de incorporar novos estilos de vida saudables no noso colexio, queremos informar de que o luns 11 de xaneiro comezamos co programa  de “merendas de froita no cole” nos  recreos de pola mañá.  Dito programa está especificado  na  Resolución do 9 de xullo de 2018, na que se determina que se repartirá froita 10 días consecutivos en cada un dos dous períodos establecidos por dita resolución (1º dende novembro a febreiro e 2º dende marzo a xuño). A distribución de froita por día no 1º período, podédela ver no cadro de abaixo:

Luns 11

Martes 12

Mércores 13

Xoves 14

Venres 15

Uvas

Amorodo

Pera Mazá

Mandarina

Luns 18

Martes 19

Mércores 20

Xoves 21

Venres 22

Amorodo

Plátano

Melón

Uvas Mandarina