Vostede está aquí5º e 6º de Primaria

5º e 6º de Primaria


Barriga Verde

 O luns 21 de novembro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º viaxamos ata a Casa da Cultura en Ordes para ver a obra de títeres "Barriga Verde". Estivo moi interesante e pasámolo moi ben. Se queredes ver unhas fotos, premede aquí.

Eroski 2016

 O día 19 de maio os nosos alumnos maiores foron de visita á tenda Eroski que hai no Campo da Feira en Ordes. Alí, aparte de pasalo moi ben, aprenderon moito sobre os diversos alimentos, a súa orixe e o seu valor alimenticio. Ademais puideron gozar duns saborosos tentempés e xogar a adiviñar que produtos tocaban ou probaban. Foi unha pasada de visita e xa estamos desexando repetir! Como sempre, para ver as fotos, premede na imaxe.

Serramoura no Mesón

   O venres 20 de novembro rodáronse algunhas escenas da popular serie da TVG Serramoura na sala JOSFER e os nosos alumnos de 5º e 6º achegáronse ata ela para ver "in situ" a rodaxe. Grazas ao equipo da serie pola súa amabilidade. Premede na imaxe para ver algunha foto.

Facendo radio 2014

  Os nosos alumnos de 6º curso, coa axuda de Antonio o orientador e Pablo na parte técnica, crearon un proxecto de programa radiofónico que participou no 1º Certame de Radio Escolar campUSCulturae entre outros 60 centros. Os gañadores foron 13 e, entre eles, estabamos nós!!!

  O premio foi asistir á gala do Certame no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación en Santiago o xoves 13 de febreiro.

  Alí, dous representantes do cole, Lorena e Pablo, participaron no 1º programa da radio campUSCulturae online, mentres todo o cole se reuniu na biblioteca para observalos.

  Os alumnos de 6º (e os de 5º que os acompañaban) foron agasallados con regalos e gozaron dunha visita ás instalacións da facultade. Se queredes ver fotos dese día, premede na imaxe. Se queredes oír o programa, premede no arquivo adxunto.