Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Aprendendo sobre sementes

  O martes 2 de abril veu ao noso cole Julio Enrique López Díaz, un investigador que traballa no CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), para informarnos de xeito moi ameno dos traballos que realizan. Ademais de escoitalo con atención, os nosos alumnos tiveron a oportunidade de crear as súas propias sementeiras con trevo e raigrás. A ver como medran! Para ver fotos, premede na imaxe.

Día da Árbore 2019

  O 21 de marzo, primeiro día completo de primavera, aproveitamos para plantar unha árbore (un arce xaponés) no patio do noso cole. As elixidas para a ocasión foron as clase de 1º e 2º que leron un "Manifesto" e acompañaron ao alcalde José Luis Martínez e á concelleira Susana García neste importante labor. Foron recompensados cunha peciña de pan e chocolate. Para ver fotos, premede na imaxe. 

Día da muller

  O día 8 de marzo toda a comunidade do CEIP do Mesón celebramos o DÍA da MULLER saíndo ao patio provistos de carteis e murais. Acompañáronnos numerosos pais e nais e a concelleira Susana García. Lara de 6º curso leu un manifesto pedindo a igualdade de dereitos e o fin do maltrato. Logo coreamos as nosas consignas esperando que pronto sexan unha realidade e non só un desexo. Se queredes ver fotos, premede no lazo.

 

Entroido 2019

  O venres 1 de marzo celebramos o remate da nosa semana de Entroido cun gran desfile pola vila do Mesón. Premede na imaxe para ver fotos.

  Doutra banda o domingo 3 de marzo foi a sempre impresionante FESTA CHOQUEIRA na Sala Josfer, a partir das 16:30. As entradas custaron3 € para os adultos e 2 € para os nenos. Como todos os anos houbo música, sorteos, agasallos e moita diversión.

Capitán Planeta

  O luns 18 de febreiro recibimos a visita do Capitán Planeta. Traía un pequeno cofre con  candados que podiamos abrir se superabamos 5 probas. Despois de moito traballar, obstaculizados por un personaxe que aparecía nos momentos máis inoportunos, lográmolo e díxonos que iamos aprender a coidar o planeta e crear un HORTO na escola. Agora seremos hortinautas!

  Foi unha tarde moi divertida. Para ver algunhas fotos, premede na imaxe.

 

Amigos de Galicia

  O venres 1 de febreiro recibimos a visita dunha moza pertencente á Fundación Amigos de Galicia (a que nos recolle os tapóns) que lles dou unha charla aos rapaces de primaria explicando como fan e a quen axudan cos tapóns recollidos. Alucinounos saber que necesitan máis de 5.000 tapóns para recibir 1€! Premede na imaxe para ver as fotos.

Festival de Nadal 18

  O venres 21 de decembro tivemos o noso gran festival de Nadal con obras de teatro, cancións, poemas e bailes. Despois dun tentempé cortesía dos nosos cociñeiros houbo a entrega de premios do concurso de postais e a aparición das SSMM de Oriente que nos entregaron agasallos a todos. Vede as fotos premendo na imaxe.

Ademais recollemos unha boa cantidade de alimentos que foron entregados a Cáritas de Ordes. Se queredes ver en detalle o que se recolleu clicade aquí.

Charla sobre reciclaxe

O mércores 21 de novembro os rapaces de 3º a 6º curso tiveron unha moi interesante charla sobre reciclaxe dada por dúas mozas da empresa Sogama. Ao final repartiron algúns agasallos. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

Magosto 2018

  O venres 31 de outubro festexamos o Magosto. Mentres Anabel e Virtudes asaban as castañas o resto xogamos no pavillón ata que chegou o turno de comelas. Para ver fotos, premede na imaxe.