Vostede está aquíRobótica

Robótica


RETO ROBÓTICO 1 EN 5.º DE PRIMARIA: DRAWBOT

En 5º de primaria estamos a traballar robótica mediante o logro de retos que iremos popoñendo ao longo do curso. O primeiro dos retos tratábase de construír un robot simple ao que chamamos Drawbot. Os Drawbots son máquinas que transforman a vibración dun motor nun movemento aplicado a ferramentas de debuxo, como poden ser uns rotuladores. O eixe do motor transmitirá unha vibración circular e esta quedará plasmada en patróns circulares máis ou menos perfectos .Son moi divertidos de construír e mirar debuxar. Unha das formas máis comúns de alimentalos é usar un circuíto sinxelo cunha batería de 1,5v e un motor de corrente continua con peso descentrado do seu eixe para crear vibracións.

Así foi o noso proceso de fabricación, ao final do cal creamos unha pintura abstracta ao estilo de Wassily Kandinsky ou de Jackson Pollock

CHARLA INFORMATIVA COAS FAMILIAS

O mércores 19 de decembro realizamos unha xornada informativa coas as familias. O obxectivo principal desta charla era que os pais en nais coñecesen o proxecto de “Introdución á robótica en primaria”, en que consiste, con que materiais estamos a traballar, que é o que xa sabemos facer...
 
Na primeira parte da xornada, os profesores Ariadna e Xesús xustificaron e explicaron ás familias, a importancia de levar a cabo este proxecto no noso centro, describindo todas as actividades e tarefas a realizar.
 
Nunha segunda parte, o alumnado de 1.º de Educación Primaria presentou diferentes tipos de robots educativos cos que estamos a traballar: a Codioruga, Beebot, Escornabot, Jack, LEGO WEDO... e por suposto, o MBOT.
Un grupo de nenos/as montaron en directo, peza a peza, o MBOT e posteriormente outro grupo explicou paso a paso o seu funcionamento e programación a través da tablet.
 
A continuación, o alumnado de 5. º de Educación Primaria mostrou dous robots que construíran coas súas mans.
 
Despois explicaron como funciona o Scratch e o programa do MBOT, xa que teñen a mesma interfaz.
 
Puxeron exemplos do uso dos diferentes sensores e proxectos que podemos realizar combinándoos con MBOT.
 
Rematamos a xornada agradecendo ás familias a súa asistencia e interese e convidándoos á fería robótica que levaremos a cabo a finais de curso.

 

Curso 2018-2019

  No curso 2018-2019 comezamos o noso proxecto de ROBÓTICA. Se queredes ver actividades, vídeos ... premede AQUÍ.