Vostede está aquíSec. Bilingües

Sec. Bilingües


MINI ORCHARD ADVANCES

AQUÍ VOS   DEIXAMOS OS NOSOS AVANCES DA MINI HORTA DA CLASE DE INGLÉS

Robótica na clase de English!!!

As nenas e nenos de 3 a 9 anos iniciámonos na robótica...In English!!!!

 

Who are we talking about?

Continuamos co proxecto que estamos facendo cos alumnos de 5º e 6º do CEIP Varela Buxán, adivinarán desta vez de quen se trata? moita sorte e... Sandra e Mar non lle axudedes demasiado,jeje!!;P

 

 

Celebrando as letras galegas!!=)

Aquí vos deixamos un vídeos resumindo a celebración das letras galegas que tivo lugar o pasado venres, esperamos que vos guste!!:D

 

Reunión para a ampliación das seccións bilingües

Dende a sección bilingüe decidimos ampliar as seccións bilingües, tendo coma resultado a implantación en Educación Musical en 3º de Primaria e en Educación Física en 3º e 4º de Primaria. NA reunión que imos a celebrar o vindeiro xoves 9 de maio trataremos de explicar a vindeira presentación. Agardamos que vos guste!

Our mini Orchard!!!

As nenas e nenos de 6º poñen en marcha o seu mini horto escolar en inglés ,co galo do proxecto de hortinautas. Esperamos ter unha boa colleita...

P.E. Bilingual section - Training Circuit of Strength

Como parte do traballo das Capacidades Físicas Básicas (CFB), é fundamental o traballo da forza. Neste caso, optamos por dous circuítos onde traballamos co peso do propio corpo (bodyweight) e outro con balóns medicinais (medicine balls). Ambos circuítos foron implementados con traballo de TRX (suspension weight training) en espaldeiras. 

Training Circuit of Strength with Bodyweight with 6th grade:

 

Training Circuit of Strength with Medicine Balls with 4th grade:

 

P.E. Bilingual section - Top Trumps with Spanish Athletes

Dentro da unidade didáctica de Capacidades Físicas Básicas, realizamos un xogo para manexar as diversas capacidades de xeito fluído ao tempo que, repasamos os números. Para elo, o noso mestre Alex, elaborou unha baralla de cartas con deportistas españois de diversas disciplinas e por categorías . Deste xeito, tamén melloramos a nosa cultura deportiva.

Vexámos da man do noso alumnado de 5º, como se xoga:

(ten subtítulos en inglés, para lembrarnos dos números e as categorías traballadas)

P.E. Bilingual section - Drawing a monster

Neste xogo, pretendemos que o alumnado aprenda as diversas partes do corpo. Para elo, unha vez que tiran o dado, e caen nunha casilla (por exemplo, cabeza), teñen que debuxar nun folio o número de partes que lle indicou a tirada do dado (sae o 4, co cal serían 4 cabezas a debuxar). Así ata conseguir unha criatura monstruosa!

Vexamos que foron capaces de crear o noso alumnado de 6º:

(ten subtítulos en inglés, para lembrarnos de todas as partes do corpo traballadas)