Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Comedor - 07/12/2022

Bo día.

Informámosvos dun cambio de última hora no menú de hoxe (07/12/2022). No postre cambiamos o caqui pola mazá. A causa? A froita, como todo nesta vida, precisa madurar. 

Un saúdo e desculpen as molestias. 

COMEDOR - SEMANA DO 24/10 AO 28/10

Por motivos de xestión do comedor, esta semana realizamos varios cambios no menú. Aquí volos deixamos detallados. 

 

Martes, 25/10: este día, sentíndoo moito, cambiamos a sandía pola mazá. O cocido mantense ;) 

1º prato 2º prato postre
caldo galego raxo de pavo con patacas dado mazá

 

Mércores, 26/10: sabemos o moito que lles gusta o peixe espada  aos nenos/as, pero por motivos de xestión temos que mudalo pola merluza.

1º prato 2º prato postre
ensalada de pasta merluza á portuguesa con pataca cocida laranxa

 

Xoves, 27/10: o xoves celebramos o Samaín no Mesón e queremos facelo por todo o alto, por iso cambiamos o menú do venres para o xoves e o do xoves para o venres.

 

Un saúdo e desculpen as molestias. 

 

CAMBIOS DE MENÚ

Informamos ás familias de que o xoves día 13 de outubro vaise modificar o menú por necesidades relacionadas co bo funcionamento do comedor. Deste xeito, o menú para o xoves queda así:

- Primeiro prato: lentellas estofadas

- Segundo prato: albóndegas de pavo con puré de patacas

- Sobremesa: laranxa

 

Un saúdo!

Solicitudes para o comedor escolar

  Aquí tedes as instrucións para solicitar o comedor do centro no vindeiro curso 2022-2023. Premede nas ligazóns para ler as instrucións da circular e descargar o anexo II, onde está o modelo de autodeclaración. O prazo de entrega finaliza antes do 7 de setembro (Para adiantar traballo mellor entregar a solicitude na primeira quincena de xullo de 10 a 14 horas). Aqueles que queirades colaborar na atención do comedor, descargade o anexo IV. Animádevos!

CIRCULAR       ANEXO II       ANEXO IV

Enquisa de satisfacción do comedor 21/22

Achegamos a enquisa anual para valorar o grao de satisfacción co comedor escolar, tan só vos levará uns 2-3 minutos.

Por un lado, teremos a enquisa para cubrir cada familia e polo outro, teremos outra ligazón distinta para o persoal colaborador, cociñeir@s e profesorado que asisten diariamente.

 A data final para a realización da enquisa será o venres 10 de xuño ás 23:55.

* Ligazón para as familias (cubrir só unha por familia): https://forms.gle/8ncVjrJD9zAa6zEKA

* Ligazón para o persoal colaborador, persoal de cociña e profesorado: https://forms.gle/TBVGYMgz8R4yfwzf8

Novos manteis

Como ides a poder ver nas imaxes posteriores, estamos de estrea no comedor. Temos uns manteis novos que ben seguro lle gustarán a todo o alumnado. Queremos agradecer ás nais colaboradoras do comedor e aos cociñeir@s por aportar o seu graíño de area para que este cambio fose posible.  Un gran exemplo de traballo en equipo. Mil grazas por todo o que aportades ao noso centro.