Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Entroido 2020

  Despois dunha semana de troula seguindo as consignas do meco (vir en pixama, traer zapatos distintos, vir con sombreiro e, por último, cun colar), por fin chegou o venres!

  E o mellor de todo é que foi un día de sol radiante. Así, axudados pola policía municipal, demos o paseo polo Mesón, lucindo os disfraces e acompañados por unha auténtica multitude. Non faltou logo o chocolate e os pericos dos nosos cociñeiros. Que gran festa!!!

  Premede en Ardemiro para ver as fotos. Pero non foi todo. O domingo 23, como xa é tradición, a ANPA celebrou a súa exitosa festa choqueira na Sala Josfer. Como sempre houbo disfraces, música e agasallos para todos os nenos e nenas. Ah! e había por alí unha tribo de masais!

Día da PAZ 2020

  Como todos os anos celebramos o Día da Paz (30 de xaneiro) falando dela, adornando os corredores cos nosos debuxos e, finalmente, cantando unha canción todos xuntos. Que reine a Paz!

  E nada mellor para rematar o mes que un bonito conto. O 31 de xaneiro veu Yolanda contarnos "Chibos, chibóns" aos rapaces de Infantil, 1º e 2º.

  Cun pouco de retraso, o 5 de febreiro, formamos no patio a palabra PAZ cos nosos propios corpos. Fou unha semana xenial! Premede na imaxe para ver fotos.

 

Festival de Nadal 19

  O venres 20 de decembro tivo lugar o noso festival de Nadal que contou cunha gran afluencia de espectadores. Acompañáronnos moitas familias que aportaron unha gran cantidade de alimentos (premede aquí para ver a cantidade exacta) que logo foron entregados a Cáritas. Todos o pasamos moi ben e repuxemos forzas co chocolate e as lambetadas que prepararon os nosos cociñeiros. Como sempre, se queredes ver as fotos premede na imaxe.

Eliminación da violencia

  O luns 25 de novembro foi o "Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller". No cole celebrámolo confeccionando un lazo morado con bolboretas e un mural con frases alusivas. A mediodía Aitor e Noelia leron un manifesto e posteriormente gardamos un minuto de silencio polas vítimas da violencia. Para rematar con algo de alegría, pola tarde Zaira veunos contar un conto moi divertido aos máis pequeniños. Se queredes ver fotos deste día, premede no lazo.

  Pero non foi o único que fixemos. O mércores 27 de novembro celebramos unha XINCANA POLA IGUALDADE no noso pavillón onde rapaces e rapazas tiveron que pasar por durísimas probas como varrer ou enroscar un parafuso. Premede na imaxe.

Magosto 19

  O venres 8 de novembro celebramos o tradicional Magosto. Primeiro fixemos os xogos nun remozado e luminoso pavillón e logo comemos as castañas asadas por Virtudes e Anabel. Para ver fotos, premede no letreiro.

Carreira contra a leucemia

  O venres 25 de outubro (faltaba un día para cumprir o ano) celebramos a nosa 2ª Carreira contra a leucemia onde non só o pasamos ben senon que contribuímos a loitar contra esa enfermidade. Logramos ademais unha suma de 222,70 euros que xa enviamos á "Fundación Unoentrecienmil". Para ver fotos premede na imaxe.

Maker Faire

  O venres 31 de maio, un día de tremenda calor, celebramos a nosa "Maker Faire", unha mostra da invención, creatividade e inxenio dos nosos alumnos.

  Houbo moitos pais, nais e familiares que viñeron á feira e pasámolo todos moi ben. Para ver fotos, premede na imaxe do robot. Para ver vídeo, premede AQUÍ.

Letras Galegas 2019

  Si, si, si, a Festa das Letras xa pasou por aquí. O xoves 16 celebrámola coa nosa "Carreira polas Letras" (que tivemos que facer no pavillón por culpa do mal tempo) e pola tarde coa actuación dos Viqueiras, o grupo de música tradicional de Ordes. Como sempre foi xenial. Se queredes ver algunhas fotos, premede na imaxe.

Aprendendo sobre sementes

  O martes 2 de abril veu ao noso cole Julio Enrique López Díaz, un investigador que traballa no CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), para informarnos de xeito moi ameno dos traballos que realizan. Ademais de escoitalo con atención, os nosos alumnos tiveron a oportunidade de crear as súas propias sementeiras con trevo e raigrás. A ver como medran! Para ver fotos, premede na imaxe.