Vostede está aquíRobótica

Robótica


COÑECEMOS AS PARTES DE MBOT (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)

Imos comezar vendo as pezas que ten o Mbot e as ferramentas que necesitamos para poder montalo. Asíque que vos parece se facemos un xogo para ir coñecéndoas? 
En 2 grupos a mestra di o nome dunha peza e deben buscala, o primeiro que a encontre gaña un punto.  Unha vez que as van coñecendo en vez de decir a mestra a peza, vana decindo os alumnos.

 

 

Os alumnos de 4º preséntannos as partes e ferramentas que necesitamos para montar o Mbot, conseguirano montar? 

RETO ROBÓTICO 2 EN 5. º DE PRIMARIA:BRUSHBOTS

Os Brushbots son un tipo de robot sinxelo e divertido que fabricamos a partir de materiais de refugallo ou que tiñamos na casa. Baséanse no movemento por vibración empregando a superficie do cepillo para moverse e un motor con eixe descentrado para producir a vibración. Son fáciles de construír e non necesitamos ningunha experiencia previa coa robótica. 
Podedes facelos correr uns contra os outros, ou incluso facer loitas de sumo. 

Para a súa fabricación os elementos esenciais son: un cepillo non moi grande, un motor, unha peza para descentrar o xiro do eixe, unha pila que mova o motor e imaxinación e creatividade para darlle a forma que máis che guste. 

No vídeo podes ver os que nos creamos e algunha imaxe do proceso de deseño, prototipado e montaxe. 

O MEU NOME (ACTIVIDADE 4. º DE INFANTIL)

Cada neno/a escribe o seu nome en folios de cores, recortan e pegan na cuadricula que mais lle gusta. Logo decoran con gomets o seu gusto realizando un novo taboleiro.Unha vez realizado, plastificámolo para poder comezar a xogar. Cada neno/a busca o seu nome e programa o Jack para que chegue o seu nome, tamén pode facer o mesmo cos nomes dos compañeiros. 

SON UN ROBOT (ACTIVIDADE DE 4. º DE INFANTIL)

Nesta actividade intentamos que os pequenos interioricen os movementos que deben realizar para chegar a un obxectivo. Desta maneira vivencian a través do seu corpo e dos seus movementos a programación dun robot.

Axudámonos dunha colchoneta puzzle de cadrados, onde cada cuadrícula semella a cuadrícula dos modelos dos nosos robots.
1ª actividade: dígolle o neno/a a que número se debe desprazar partindo do número 0. Para facilitar os seus movementos axudaranse das tarxetas do jack.

2ª actividade: colócase o neno/a no número 0 e un compañeiro vai ser o que programe o “robot” para chegar o seu destino. Escribo o número nunha pizarra pequena que ven todos os nenos/as menos o neno que vai exercer de robot. Logo o compañeiro/a debera coller as tarxetas correctas para que o robot chegue o número escrito na pizarra.

COMEZAMOS A EXPERIMENTAR CON LEGO WEDO 2.0 (ACTIVIDADE 1. º DE PRIMARIA)

Para preparar a próxima Feira de Robótica estamos probando e experimentando con todos os robots que temos no centro.
Ultimamente estamos traballando cos LEGO WEDO, e a verdade é que nos gustan moito.

OS ROBOTS CHEGAN Á AULA DE 3 ANOS

O primeiro día tomamos contacto co novo robot e cada pequen@ foi experimentando como funcionaba, que pasaba cando lle pulsabamos cada botón. Logo usamos as tarxetas para indicar que movementos queriamos que realizara  o robot, comezando así a programar.
Despois de experimentar usamos o Jack para indicar o día da semana nas rutinas. Dende principios de curso contamos o conto da Eiruga larpeira para identificar o  día da semana, polo cal realizamos un taboleiro coas froitas que aparecen no conto. Este taboleiro foi realizado coa axuda dos pequenos/as, os cales colorearon e colocaron as froitas na cadricula que lle gustou.  Unha vez identificado o día da semana deberán programar o robot para que chegue o día correspoondente, as veces axudámonos das tarxetas para saber que movementos ten que realizar. 

 

 

O ALUMNADO DE 5. º DE PRIMARIA AMÓSALLE AO ALUMNADO DE 1. º OS SEUS ROBOTS

O alumnado de 1. º de primaria acudiu á aula de 5. º para poder ver de cerca o funcionamento dos seus robots: o drawbot e o brushbot.
O alumnado de 5. º amosóulles os bocetos previos e o funcionamento de cada un dos seus robots.
​Moitas grazas!

 

CONSTRUCTORES EN ACCIÓN (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)

Unha parte moi importante que temos que ter en conta para robótica é saber construír e deseñar robots, para isto, necesitamos deixar voar a nosa imaxinación e creatividade.

Comecemos construíndo modelos máis sinxelos e pouco a pouco iremos complicándoos, a ver que deseños aparecen en cada grupo.

CONVERTÉMONOS EN ROBOTS! (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)

​Sabedes como funcionan e pensan os robots?  Imos a investigalo converténdonos nós mesmos en un deles, para iso faremos un xogo por grupos,  un de vós será o robot e o resto darán as instrucións para conseguir chegar á biblioteca,  pero ollo….., tedes que pensar que os robots necesitan instrucións claras e precisas, que grupo o conseguirá?   Preparados, comezamos!! =)

COÑECENDO A MBOT (ACTIVIDADE 1. º DE PRIMARIA)

Esta semana recibimos os 6 kits de robótica cos que traballaremos este ano.

Así que o mércores fumos ao laboratorio e puxémonos mans á obra e montamos o primeiro robot. A verdade que para ser o noso primeiro traballo robótico, fixémolo de marabilla!