Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Solicitude de colaboradores/as do comedor escolar

Durante esta semana de 10.00h. a 13.00h., de mércores ata o venres 14 de xulll incluído, abrimos o prazo para ser colaborador/a do comedor escolar no curso escolar 2023/2024.

Para iso, deberedes cubrir o anexo III, que achegamos abaixo nesta nova, e entregalo na dirección do centro.

Cómpre que marquedes a palabra colaborador/a. A vosa proposta atenderase no vindeiro Consello Escolar de setembro.

As instruccións e funcións a desenvolver explicaranse en setembro nunha reunión antes do comezo do curso.

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR

As familias das persoas usuarias do servizo de comedor no vindeiro curso 2023-2024 deberán cumplimentar o "Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións", que adxuntamos nesta publicación, e entregalo na secretaría do noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h. os días 12, 13 e 14 de xullo.

Recordamos que neste documento non fai falla indicar a conta do IRPF, xa que non é necesario xustificar ante o centro educativo ditas cantidades, únicamente é preciso marcar a casiña que corresponde (gratuíto, 1€, 2,50€ ou 4,50€).

MODIFICACIÓN MENÚ - 18/05/2023

Bo día,

No menú de hoxe vai haber cambios de última hora por cuestións de loxística. Deste xeito o menú que teñen hoxe os nenos e nenas do Mesón do Vento é o seguinte:

1º prato: Crema

2º prato: Paella

Postre: Biscoito de laranxa

 

Un saúdo. 

MODIFICACIÓN MENÚ - 26/04/2023

Bo día. 

Hoxe vaise modificar o menú do día lixeiramente. Deste modo, no canto de haber polo de 2º prato imos facer pincho moruno, que tamén está de vicio. 

Un saúdo.

 

 

MODIFICACIÓN MENÚ - 31/03/2023

Bo día.

Hoxe imos modificar lixeiramente o menú e no lugar de ter caldeirada de abadexo imos ter caldeirada de merluza.

Un saúdo e bo proveito.

 

MODIFICACIÓN MENÚ - 17/03/2023

Bo día,

Hoxe no comedor imos modificar a froita de postre e no lugar de melón imos comer plátano.

Un saúdo.

RECEITA - Pastel de polo e cabaza

Bo día.

Deixámosvos aquí unha das receitas que fixemos a semana pasada no comedor do colexio e que nos gustaría compartir coas familias para que proben a facelo nas súas casas.

 

Un saúdo e que aproveite. 

PASTEL DE POLO E CABAZA

INGREDIENTES

 

 

150 gr. de peituga de polo

150 gr. de cabaza

½ cebola

½ pemento

1 ceboleta

1 cenoria

1 culleriña de mostaza

Salsa de soia

Aceite de oliva

Sal

Pementa

 

1.      

Cortamos as peitugas de polo en anacos de tamaños similares e dourámolos na sartén cun chisco de aceite.

2.      

Retiramos o polo e seguimos cociñando as verduras finamente picadas. Comezamos pola cebola, seguimos co pemento e a cenoria e, por último, a ceboleta.

3.      

Pelamos a cabaza e cortámola en anacos. Cociñamos a cabaza, ben fervéndoa en auga con sal ou ben ao forno a 180ºC uns 25 minutos.

4.      

Unha vez obteñamos o puré de cabaza, engadímoslle dúas culleriñas de soia para agregar un punto orixinal que contrastará coa dozura da cabaza.

5.      

Preparamos unha fonte para o forno. Colocamos unha capa de puré de cabaza, enriba o polo coas verduras e por último outra capa de puré de cabaza. Se queremos e nos gusta, podemos pódese poñerlle un pouco de pan relado con queixo para darlle un toque crocante a este pastel.

6.      

Metemos o pastel no forno a 180ºC uns 25 minutos ata ter listo o noso pastel de polo e cabaza.

MODIFICACIÓN MENÚ - 28/02/2023

Bo día.

Comunicámoslles que hoxe modificamos o menú e no lugar de falafel vai haber potaxe de garavanzos.

Un saúdo e desculpen as molestias. 

MODIFICACIÓN MENÚ - 15/02/2023

Bo día. 

Por problemas no subministro de mercancía temos que modificar o menú de hoxe, polo tanto os espaguetes con tomate caseiro levarán atún en lugar de cogomelos.

Un saúdo.

MODIFICACIÓN MENÚ - 01/02/2023

Bo día.

 

Por falta sazón vémonos na obriga de poñer hoxe iogur de postre e a pera o venres.

 

Desculpen as molestias.

 

Un saúdo.