Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Carreira contra a Leucemia

  A última semana de outubro fixemos a nosa tradicional carreira contra a leucemia, que xa vai pola cuarta edición.

  Unha vez más, por culpa dos protocolos anti- covid non puidemos celebrala todos xuntos, pero o importante é participar. Premede na imaxe e veredes algunhas fotos dese día.

  Queremos dar as máis expresivas grazas a toda a comunidade educativa pola súa aportación, que chegou aos 355 euros. A fundación Unoentrecienmil fíxonos chegar o seu agradecemento e mandounos o seguinte certificado.

Entroido

  Un ano máis pasou o Entroido pero este ano non veu o meco, así que as consignas foron virtuais a través desta páxina web. Para ver os poemas das consignas e un par de fotos, premede aquí.

LUNS: Calzado diferente en cada pé.

MARTES: Con gravata ou paxarela.

MÉRCORES: Con calcetíns por riba do pantalón.

XOVES: Cun xersei posto do revés.

VENRES: Viñeron disfrazados da casa pero sen accesorios nin complementos.

Felices Festas!

Xa sabedes que este ano tan atípico non mandaremos postal de Nadal por correo ordinario, pero aquí tedes a nosa felicitación, esperando que o próximo ano deixemos atrás este pesadelo que vivimos. Se premedes na postal, poderedes ver outras que fixeron os nosos alumnos (supéranse de curso en curso).

  E de propina aquí tedes un vídeo, moi destas festas, coa clase de 5 anos.

Día contra a violencia de xénero

   Se queredes parar a presentación para vela con máis tranquilidade, volver para atrás ou vela a pantalla completa, premede na parte inferior da imaxe.

  E aquí un vídeo xenial dos rapaces de 5 anos!