Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


31th CHALLENGE 06/05/2020: ATREVÉDESVOS A CREAR UN MOLINO DE VENTO?

Despois de estar estes días realizando unha coreografía bastante movidita, hoxe Ardemiro tráenos un novo reto creativo, en que consiste desta vez? En crear un molino de vento, asique estade atentos ao vídeo e deixémonos levar pola nosa creatividade.

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 31º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Crear o molino de vento en familia.

 3. Facer un vídeo/ foto realizando o molino de vento e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

30th CHALLENGE 04/05/2020: JUST DANCE

Espero que estedes cheos de enerxía xa que a ides necesitar para o reto de hoxe que consiste en facer un baile Just dance, da canción “shaky shaky”, collede a todos os vosos familiares e a bailar, cantar e a desfrutar pasándoo moi ben.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 30º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar o noso baile en familia.

3.  Facer vídeo/ foto realizando o baile de just dance e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

29th CHALLENGE: 01/05/2020: XOGAMOS A UN PARCHIS DEPORTIVO!

Hoxe traemos un parchis moi movido recén saído do forno! Como a información xa a ides a ver na ligazón posterior imos directamente ao reto!

Lembrádevos que é un reto de fin de semana, co cal, luns teredes novos retos agardándovos!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 29º RETO?

1. Entrar na ligazón do blog de Educación Física do profe Álex: https://alexvef.blogspot.com/2020/04/parchis-de-educacion-fisica.html.

2. Realizar o xogo do parchis deportivo en familia.

 3. Gravar un vídeo/foto xogando e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

28th CHALLENGE: 29/04/2020: PRACTICAMOS CARDIO BOX!

Da man de Johana que forma parte do proxecto do conFITnamento do concello de Ordes, imos a realizar unha sesión de Cardio Box, moi chula e que nos vai a deixar moi cansos tamén, jejejejeje. Esta sesión toma elementos do boxeo e algún incluso do Taekwondo. Agardamos vos guste ao tempo que seguimos queimando calorías.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 28º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Realizar a sesión en familia.

 3. Gravar un vídeo/foto da sesión e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

27th CHALLENGE 27 /04/2020: RAPEAMOS

Moi ben eses xogos feitos no fin de semana, agora chegamos a outro reto movidito, desta vez imos a realizar unha coreografía RAP, sabedes o que é o rap? É un estilo musical que naceu sobre os anos 1980 en Nueva York, caracterízase por ter un ritmo monótono, é dicir, prácticamente igual ao longo da canción e con moitas síncopas, ademais cantan textos longos con letras de diferentes temáticas acompañados de unha base/ acompañamento instrumental.

No vídeo xa van explicando os diferentes pasos antes de comezar coa coreografía, asique preparados, ánimo e a rapear.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 27º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar a nosa coreografía rap en familia.

 3. Gravar un vídeo/foto do rap e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

26th CHALLENGE 24/04/2020: CREAMOS XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO!!!

Con este reto imos a exprimir a nosa creatividade e inxenio.

Pensade en cantas cousas tiramos ao lixo diariamente. Algunha delas poderiámolas empregar para xogar? Pois diso se trata este reto. Realizar xogos con material de refugallo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 26º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación para coller ideas para realizar o nosos xogos.

2.Xoga polo menos a 2 xogos distintos en familia.

3. Gravar un vídeo/foto desfrutando dos xogos e subilo ao padlet da 5ª e 6ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas RETO CONSEGUIDO!

 PD: Este é un reto que durará todo o fin de semana, co cal, luns teremos un novo reto agardándonos!

Queremos agradecer a Ignacio, mestre de EF no CEIP Castelao de Ordes, e á súa familia, a cantidade de xogos que nos amosan neste vídeo.

25th CHALLENGE 22/04/2020: CIENTIFICOS EN ACCIÓN

 Atentos todos e todas xa que chegamos a un reto moi divertido, imos a ser científicos, pois o reto de hoxe consiste en facer o experimento chamado “ o ovo flotante”. Imos intentar que o ovo flote, é dicir, que se manteña sobre a superficie dun líquido, da auga.

Que materiais necesitamos? Auga, dous ovos, unha culler, 2 vasos e sal.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 25º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar o noso experimento en familia.

 3.  Facer vídeo/ foto realizando o experimento e subilo ao padlet da 5ª/6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

EXPERIMENTO:

 

23rd CHALLENGE 17/04/ 2020: AQUÍ ESTÁ O NOSO LIBRO DE RECEITAS DIXITAL

Aquí temos o noso libro de receitas dixital, podedes clicar no nome e xa accededes directamente a el, espero que vos guste que quedouvos xenial, non podía ser de outra forma con esas receitas tan boas, moitas grazas e ánimo a tod@s.

LIBRO DE RECEITAS DIXITAL

 

24th CHALLENGE: POÑÉMONOS EN FORMA COS VIDEOXOGOS!!!

Non sempre os videoxogos teñen que ser unha opción sedentaria. Que vos parecería bailar coma Super Mario ou Sonic e facer exercicio con Donkey Kong ou as personaxes de Mine Craft?? Pois nesta actividade imos a realizar varias actividades físicas diferentes e incluso podemos ir escollendo aos nos@s personaxes favorit@s!

Este reto vai a levarse a cabo entre luns e martes, co cal, mércores volveremos a propoñer un reto novo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 24º RETO?

1. Ver o vídeo de "videogames work out" que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia, escollendo as personaxes favoritas nesta aventura e realizando as actividades propostas.

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos ou un vídeo curto e  subila ao padlet da 5ª e 6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

PD: Dicídenos se vos gustan este tipo de actividades para propoñer retos similares con temáticas distintas (Harry Potter, Star Wars....)

 

23rd CHALLENGE 17/04/2020: LIBRO DE COCIÑA DIXITAL

 Chegamos a unha fin de semana máis e coas pilas super cargadas, no seguinte reto imos necesitar a axuda das nosas familias pois imos a realizar un libro de cociña dixital entre todos. Para isto que temos que facer? Convertérnos en chefs e preparar unha receita de cociña saudable.  Asique collede os vosos utensilios de cociña e preparade as vosas dotes culinarias.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 23º RETO?

1. Elexir unha receita saudable.

2. Preparar a nosa receita en familia.

 3.  Poñer título a nosa receita, facer unha foto realizándoa e outra de como quedou ao final e subila ao padlet da 5ª/6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.