Vostede está aquíRobótica

Robótica


I MAKER FAIRE CEIP MESÓN DO VENTO

O venres 31 de maio levamos a cabo a I Maker Faire do noso centro, onde poidemos amosar a toda a comunidade educativa o traballo desenvolto ao longo de todo o curso.

Os diferentes grupos que participaban no Proxecto de Introdución á robótica contaban con diferesntes stands nos que expoñían e explocaban os diferentes proxectos.

Aquí vos deixamos as fotografías para que poidades ver o éxito que foi esta I Feira.

 

ROBÓTICA CON COLOUR MONSTER.

Ao longo da terceira avaliación, na clase de Lingua Estranxeira, traballamos o conto “ The colours monster” nos cursos 4. º de EI,
1. º, 2. º e 3. º de EP. Por suposto sempre adaptando a lectura ao nivel do alumnado.
Para acercar aos nenos e nenas á robótica e con elo á programación decidín que podíamos, entre os diferentes cursos, realizar unhas plantillas para os  robots dos que dispoñemos (Jack, Bluebot, BB8 e Cyber).

Os primeiros pasos déronnos os alumnos e alumnas de 3. º de EP. primaria medindo e calculando o número de recadros que debería ir en cada folio tamaño A3. Despois, as nenas e nenos de 4. º de EI repasaron ditos recadros con ceras, para logo pintalos das cores das emocións e así ir aprendendo os seus nomes en inglés (Red, Yellow, Blue, Black, Green, e Pink). O alumnado de 1. º de EP escribiron o nome das cores en Inglés. Fixemos dúas plantillas iguais xa que o Jack e o Bluebot teñen unha programación moi similar. 
Para incrementar a dificultade e que puidera ser máis motivadora para os cursos de 2. º e 3. º de EP, engadímoslle os nomes das emocións  en inglés (Happiness, Sadness, Fear, Calm, Anger e Love)  que eles mesmos escribiron.

Agora viña a parte máis innovadora e motivadora para eles, aprender a programar. Os cursos de 4. º de EI e 1. º de EP xa tiñan nocións porque as súas titoras estaban dentro do proxecto de robótica, pero os outros cursos apenas tiñan coñecementos previos, polo que partíamos case de 0.
Nos cursos inferiores pregúntanse polas cores (What colour is it? ) e polos sentimentos (How are you? Angry, Happy, Scared, Calm...) tratando de dar unha resposta que marque o lugar cara onde deben programar ao robot. Ao mesmo tempo tamén traballan a numeración (One, Two, Three, Four, Five , Six). 
Os cursos máis altos ademais engaden a dificultade da lateralidade (left, right, straight, back) e os nomes das emocións  (Happiness, Sadness, Fear, Calm, Anger e Love).
Como a actividade tivo moi boa acollida, tamén fixemos unha plantilla en cartolina de tódalas cores en inglés.
Para o robot Cyber de Clementoni utilizamos material reciclado e utilizamos a súa propia caixa de embalaxe para facer a súa plantilla a cal engadimos dous sentimentos máis.  Estar canso  (Tired) e famélico (Hungry).

 

A TENDA DE ROBOTS.

Os alumnos/as de Relixión Católica xunto coa mestra levaron a cabo un proxecto denominado "A Tenda de Robots".

 

 

XOGAMOS CON BLUEBOT EN MÚSICA (ACTIVIDADE CON INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA)

​Os nenos de 4 e 5 anos repasan os instrumentos de percusión coa axuda dun novo amigo do cole, o noso querido robot “Bluebot”!!!=)
 

​Os nenos e nenas de 1. º non deixan de sorprendernos, utilizan a robótica para coñecer os instrumentos de vento en inglés!!:D

 

En 3. º repasamos os instrumentos de vento madeira e vento metal de forma máis divertida!!;P

 

 

EXPERIMENTANDO CO MATATALAB (ACTIVIDADE DE 4. º DE PRIMARIA)

Temos un novo robot no centro, e como non podía ser de outra forma, os alumnos de 4º quixemolo coñecer, sabedes como se chama?  Conseguiremos facer o percorrido ata chegar a bandeira verde?

 

PROGRAMANDOO

Chegou o momento de programar, imos comezar vendo como funciona o programa mBlock, así que mans á obra!!

MONTAXE E PROGRAMACIÓN DO MBOT (ACTIVIDADE EN 4. º DE PRIMARIA)

Convertímonos en enxeñeiros para montar os nosos robots, pero pensamos que non se nos da tan mal, pois parece que os robots si que funcionan.

EXPERIMENTAMOS CO MAKEY MAKEY (ACTIVIDADE DE TODA PRIMARIA)

Os alumnos de Mesón do Vento estivemos probando a improvisar música pero desta vez non con instrumentos convencionais, sabedes que se nos ocurriu? Facer música con froitas e outros materiais!!