Vostede está aquíSec. Bilingües

Sec. Bilingües


eTwinning Recipes

O noso alumnado de 5º púxose coas mans na masa....decidiron elaborar receitas tradicionais galegas/españolas para mostrarlle aos outros países membros do proxecto, parte da nosa gastronomía. Enjoy your meal!

Kid's Peace Song

O alumnado de cuarto participou no proxecto de eTwinning cantando unha parte da canción "Kid's peace song" á cal posteriormente engadiremos as outras partes dos outros centros europeos asociados ao proxecto. Beautiful and colorful voices!

 "We were born with different names

The words we speak are not the same
Around the world in every land
Peace on earth we understand!!"

 

Present a fairy tale

Chegamos a seguinte actividade do proxecto Etwinning: differences are our richness.En que consistiu desta vez? En presentar un libro representativo do noso país, polo que eliximos unha das grandes obras da literatura universal: O Quixote.

Desta vez traballamos colaborativamente entre o alumnado de 4º, 5º e 6º, iso si, cada un nas súas clases, como fixemos?

Os nenos e nenas de 4º curso realizaron na materia de plástica debuxos sobre o Quixote e Sancho, as personaxes principais, así como fixemos unha pequena lectura e visualización do conto.

Os nenos e nenas de 5º curso realizaron un pequeno resumo do Quixote, describindo as súas personaxes principais ( Sancho e Quixote).

Os nenos de 6º realizaron a traducción feita polos seus compañeiros de 5º e ademais tiveron que gravar os vídeos, iso si, fixérono fenomenal pois atrevéronse a facelo nos 3 idiomas que coñeces: galego, castelán e inglés.

Queredes ver o resultado de todo isto? Aquí volo deixamos, esperamos que vos guste tanto como nos gusta a nos e lles gustou aos nosos amigos europeos:

VIDEO EN INGLÉS

VÍDEO EN CASTELÁN

VÍDEO EN GALEGO

 

Flags with agamograph tecnique

Desta vez tocounos ao alumnado de 4º curso de educación primaria unha das actividades do noso proxecto Etwinning, nada máis e nada menos que crear as nosas bandeiras de España e Galicia dunha forma moi especial, como? facendo un agamógrafo. Non sabedes o que é iso? Pois atendede que volo ensinamos.

 

Ademais tivemos a posibilidade de ver os agamógrafos feitos polos nosos compañeiros europeos, aprendimos moitas bandeiras novas!!=)

Proxecto Etwinning 20-21: differences are our richness

Benvidos un ano máis ao apartado da sección bilingüe do noso cole, este ano imos a continuar, ao igual que nos pasados cursos, realizando proxectos en Etwinning.

Neste curso 2020-2021, sabemos que é un ano un pouquiño diferente, pero iso non nos saca as gañas de continuar nestes proxectos que tanto nos gustan.

Cal é o proxecto deste ano? pois chámase: Differences are our richness, que tal como o propio nome indica, as diferencias son as nosas grandes riquezas.

Como novidade este ano, o alumnado de 6º curso participará dentro da propia plataforma, asique estade moi atenbtos a todo o que imos facer que coma sempre, iremos colgando neste apartado.

Seguimos en contacto proximamente cunha nova publicación, asique....estade moi atentos!!=)

Autorizacións sección bilingüe

  O centro quere continuar coa implantación de seccións bilingües. Neste curso tamén implicarán a Educación Músical de 1º EP e Educación Física de 3º EP. Premede na ligazón e poderedes descargar as autorizacións para firmar e máis información.  AUTORIZACIÓNS SECCIÓN BILINGÜE.

Enviamos a resposta das cartas dos compañeiros do Blackness Primary School (Escocia)

Como sabedes tanto os alumnos de 5º coma 6º de Educación Primaria están realizando un proxecto en común co colexio Blackness Primary School. Fai unhas semanas recibimos as súas cartas e estivemos léndoas e por suposto respondendo a todas elas.

Aquí podedes ver un vídeo coas nosas cartas que hoxe mesmo serán enviadas para Escocia, esperemos que lles gusten e que cheguen prontiño alá!!!=)

 

Vídeo resumo das cartas e libro recibido de ESCOCIA

Aquí vos deixamos unha mostra de todos as cartas e o libro coa fotografías que recibimos do Blackness primary school, esperamos que vos guste!!=)

RECIBIMOS AS PRIMEIRAS CARTAS DO BLACKNESS SCHOOL DE ESCOCIA

Hoxe chegaron ao noso centro cartas dos compañeiros do Blackness, o colexio co que estamos conxuntamente facendo o proxecto este ano, encantounos abrir todas as cartas e poder ver as fotografías do seu colexio.

Ademais dicir tamén, que dentro de todas elas había outras moi especiais, pois estamos intercambiando tamén cartas  e cooperando no proxedcto con outro centro, neste caso un colexio español das illas baleares.

Gracias a todos polas cartas recibidas e esperamos que as nosas cheguen axiña tamén.