Vostede está aquíCiencias

Ciencias


Xogando co esqueleto humano

Aquí tedes uns xogos para traballar as partes do esqueleto humano, ánimo a ver se dades chegado á máxima puntuación!!!=)

 

Xogo 1

 

Xogo 2

 

Xogo 3: colocando os ósos do corpo

 

Xogo 4 reconstruíndo o corpo humano

Proxecto "moedas do mundo"!!=)

A finais da pasada avaliación, a raíz da primeira mobilidade na cal os nosos mestres,Álex e Rocío estiveron uns días en Escocia, os alumnos de 5º puideron ver as libras, a moeda que se utiliza alí.

Isto espertou curiosidade en todos eles e por iso decidimos adicar unhas sesións de naturais e sociais para facer o proxecto de  "moedas do mundo" coñecendo así outras moedas e as súas equivalencias co euro.

Grazas a súa gran implicación puidemos ver un montón delas, asique non o dubidedes e non vos podedes perder o seguinte vídeo, no cal se resume o seu gran traballo:

 

Creando manualidades en plástica

Os alumnos de 5º estiveron creando un barco en plástica, acabaría flotando? Podemos descubrir todos os deseños no seguinte vídeo!!=)

Cromatografía

Os alumnos de 5º estiveron experimentando cos diferentes pigmentos que hai nas follas. Como sabemos nas follas realízase a fotosínte, e estes pigmentos son os encargados de absorber a luz con distinta lonxitude de onda, de ahí que as follas sean dde cores diferentes segundo a época do ano, pois no inverno non hai a mesma luz que hai no verán por exemplo.

Comarca de Ordes

 Se queredes coñecer un pouco máis en profundidade o noso entorno, aquí tedes un estudo bastante pormenorizado da nosa comarca (relevo, hidrografía, clima, poboación, economía etc).

  Tamén atoparedes algúns datos dos concellos que a forman, deténdonos un pouco máis no noso, Ordes.

Apunte histórico

  Seguro que algunha vez vos preguntastes cousas sobre o Mesón. Para os que teñan curiosidade, aquí hai unha moi breve (non vos asustedes!) historia do noso pobo e unha opinión moi autorizada sobre a polémica acerca da forma de escribir o seu nome.

Se queredes saber máis sobre a historia de Ordes en xeral, xa a un nivel máis complexo picade nas seguintes ligzóns:

SÉCULO XIX      1901-1920     1921-1935     1936-1950

Costumes e tradicións

A FESTA DA MALLA EN ARDEMIL 

Desde o verán do 2006 a asociación "Castro da Croa" organiza esta celebración que ensina aos máis novos como eran as faenas agrícolas nos tempos dos seus avós. Premede na imaxe e veredes fotos e un vídeo da festa de 2013.

O CAMIÑO INGLÉS  O Camiño Inglés percorre a comarca de Ordes de norte a sur. Pasa por tres das parroquias do noso colexio. Se queredes saber un pouco máis del premede nos enlaces:

CAMIÑO INGLÉS - BRUMA - ARDEMIL - BUSCÁS - RESUMO

EXPOSICIÓN NO MUSEO DO POBO GALEGO

  En novembro do 2015 houbo unha interesante exposición no Museo do Pobo Galego de fotos feitas polo historiador danés Gustav Henningsen sobre hábitos e tradicións da zona de Ordes onde el estivo entre os anos 1965 e 1968. Se queredes profundizar no tema, premede sobre o seu nome. Se só queredes ver algunha foto, premede na imaxe.

Mª CARMEN ROSENDE NOYA

  Velaquí un traballo escolar para FP que realizou a nosa veciña de Ardemil Mª Carmen Rosende nada menos que en 1983! Premede na imaxe e sorprendédevos de ver os costumes dos nosos avós, as súas crenzas e ritos, o seu esgotador traballo e o seu sempre escaso tempo de lecer.

MOCEANDO EN TEMPOS PASADOS 

   Un gran traballo dos nosos ex-alumnos Silvia e Roberto Louro Fiaño cando estaban en 8º de EXB, alá polo ano 1993.

O clima no Mesón

  Se queredes coñecer en detalle como é o clima do Mesón podedes entrar na páxina Climate-data e ver os datos promedio de precipitacións e temperatura. Básicamente somos o lugar máis frío da zona (que sorpresa!) e un dos máis chuviosos (só uns 12 litros menos ao ano que Santiago).