Vostede está aquí5º e 6º de Primaria

5º e 6º de Primaria


Actividades MÚSICA 5º e 6º PRIMARIA (semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben. Vouvos a deixar unhas cousiñas de música para repasar contidos vistos na clase, deixareivos sobre 2 semanas e logo colgarei algún máis, para non agobiarvos e que vos de tempo a facer os retos de Ardemiro, que estou segura que algún máis de vos se unirá.

Imos a ver algúns compositores importantes con un xogo de memoria, un memory:  GRANDES COMPOSITORES

 

TERMOS DE TEMPO

 

LEMBRÁDEVOS REPASAR A CANCIÓN DE FRAUTA:

CANCIÓN DE 5º

CANCIÓN DE 6º

 

Actividades SOCIAIS 5º (semana 20/04)

Para sociais o que imos a facer é repasar o tema 2: o clima.

Para repasalo vouvos a deixar dous xogos interactivos, clicades directamente no enlace e xa accededes a eles.  Moito ánimo e espero que acadedes a máxima puntuación nos dous xogos!!=) 

Espero que estedes todos ben, moitos saúdos e biquiños, que xa vos boto moito de menos!!;D

 

XOGO 1

 

XOGO 2

Información actividades SOCIAIS 5º (13/04/2020)

Ola a tod@s, esta semana imos utilizala para repasar contidos vistos en ciencias sociais. 

Aprobeitaremos para repasar o tema 3, a paisaxe, asique déixovos varios xogos relacionados co relevo de España e Galicia e os principais ríos de España e Galicia.

Son todos xogos interactivos, algúns deles xa os fixemos na clase, asique imos poñernos a proba e ver se nos acordan todos, ánimo e a pola máxima puntuación.

SÓ TEDES QUE CLICAR ENCIMA DO NOME E ABRIRASE A PANTALLA NO XOGO CORRESPONDENTE:

RELEVO DE ESPAÑA 1:  Con este xogo podedes repasar o relevo de España. Ao clicar sobre o enlace, baixades a pantalla e aparécenvos 4 xogos diferentes para traballar o relevo.

RELEVO DE ESPAÑA 2:  

Son mapas interactivos que vos permiten repasar as montañas, serras, cordilleiras e sistemas.

RELEVO DE GALICIA 1

RELEVO DE GALICIA 2

PRINCIPALES RÍOS DE ESPAÑA

PRINCIPALES RÍOS DE GALICIA 1

PRINCIPALES RÍOS DE GALICIA 2

Información actividades NATURAIS 5º (13/04/2020)

Ola a todos, ao longo desta semana imos a repasar algúns  conceptos de naturais vistos nas clases, pero tranquilos que ímolo a facer de forma divertida, con algún que outro xogo. 

Comezamos con un EXPERIMENTO DO TEMPO DE REACCIÓN. 

Este experimento serve para repasar contidos do tema 3 vistos en naturais, relacionados co sistema nervioso e con como se obtén información do medio para levala ó cerebro e como este envía unha resposta a través dos músculos.

O tempo de reacción é o tempo que transcorre dende que percibimos un estímulo ata que damos unha resposta.

Imaxina un coche que circula pola estrada, de pronto, o condutor ve unha árbore atravesada nela e frea. Desde que o condutor ve a árbore (estímulo visual) ata que frea (resposta motora dos músculos), pasa un tempo; que é o tempo de resposta.

 

Unha forma de medir cal é o teu tempo de reacción é recorrendo a unha regra e á axuda doutra persoa.

-Unha primeira persoa sostén a regra pola parte superior.

-Outra persoa coloca os dedos abertos na parte inferior, á altura do 0

-A persoa que sostén a regra déixaa caer sen previo aviso.

-A segunda persoa debe intentar collela canto antes. O estímulo que percibes é visual.

Agora, e sen facer trampa, só tes que comparar os teus resultados cos da táboa adxunta, para valorar o boa que é a túa capacidade de reacción.

Incluso podedes facer un reto con irmáns e pais, para ver que persoa da vosa familia ten maior capacidade de reacción.

ACTIVIDADES
1.Fai unha táboa na que reflictas os teus resultados e os da túa familia.
Cal foi a persoa con mellor tempo de reacción? E con peor?
Para comprobar como inflúen outros estímulos, repite a experiencia, engadindo un estímulo sonoro; por exemplo unha palmada, para indicar o momento no que debe soltar a regra.
2.Para coidar os teus sentidos: indica que coidados ou bos hábitos debes ter para coidar os teus sentidos da vista, oído e tacto.
E para coidar o aparato locomotor que consellos darías?
Ex: gusto e olfacto: manter uns correctos hábitos de hixiene nas fosas nasais e a boca.
3.Lembras cal era a función dos nervios sensitivos e motores?

 

NATURAIS 5º semana do 30/03/20

Para esta semana podedes repasar o tema 3 de naturais: a saúde e as enfermidades. 

Cando pensedes que xa o tedes bastante claro, cubride o seguinte formulario:

Non vos olvidedes de poñer o voso nome ao comezo do formulario.

FORMULARIO TEMA 3 NATURAIS 5º


Ademais lembrade facer o traballo do tema 3 que vos deixara nas semanas anteriores e enviarmo ao meu correo para poder ir revisándoo, os que xa mo enviastes, cando volvamos á clase xa falamos e poñemos en común todo o que foi saíndo nos traballos.

Moito ánimo e xa seguimos en contacto!!=)

Saudos para tod@s!

 

 

Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos, a canción titúlase " resistiré" espero que vos de enerxía para afrontar estes días.

Unha vez escoitado como tarefa para música, podedes apuntar nun papel queé instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? Cal? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO: "RESISTIRÉ"

 

Información música

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algunha canción por se queredes facer cos nen@s e que sexan así algo máis levadeiros estes días.

INFANTIL

El cocodrilo Dante

Esto báilase así

Percusión corporal

1º e 2º

Coreografías musicais en INGLÉS: 

Así aprobeitamos a repasar as nosas seccións bilingües!!=)

Xogo de negras e corcheas:

En este xogo podes utilizar as palmas para levar o ritmo ao mesmo tempo que vas lendo as negras ( ta) ou corcheas (titi), ánimo e ensínalle a túa familia o ben que o fas!!;D

Sons graves e agudos

Xogo: atrapa as notas musicais 

3º: Acordádevos de repasar a canción de frauta.

Frauta: "Un ratón me persigue"

Xogos musicais para entreternos

Xogo de ritmos musicais

4º: Canción frauta: Guateque

Xogo termos de tempo

Xogos musicais 

5º e 6º: Non vos esquezades de ir repasando a canción de frauta.

Canción frauta 5º:  piratas del caribe

Canción frauta 6º:  El rey león

Xogos de repaso dos instrumentos de percusión

Xogos de repaso dos instrumentos de vento

Xogos de repaso dos instrumentos de corda

Coidádevos moito e vémonos á volta!!=)

Saúdos para tod@s!!

Información actividades naturais 5º

Ola a tod@s, como sabedes en naturais tocábanos empezar co tema 4: ciencia e saúde. Vouvos a propoñer realizar un pequeno traballo para ir coñecendo o tema, o cal está moi relacionado coa situación actual que temos!!;D

O traballo consiste no seguinte:

1. Busca unha enfermidade infecciosa contaxiosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

2. Busca unha enfermidade infecciosa non contaxiosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

3. Busca unha enfermidade non infecciosa, dí en que consiste e os seus síntomas.

Para realizar o traballo podedes facelo no ordenador, no word ( como xa temos feito na clase) ou se preferides podedes facelo na libreta ou folio.

Xa sei que algúns tedes os libros no cole, por iso para que vos sexa máis fácil realizar este traballo e teñades ademais de internet algunha fonte de información máis,  déixovos subidos aquí mesmo os apuntes do tema, así xa podedes empregalos para o traballo e para ir mirándoos un pouquiño, e cando volvamos ao cole xa teremos algo adiantado!!=)

Para calquera dúbida ou se queredes enviarme o traballo para que volo revise o meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es

Coidádevos moito e vémonos á volta, que seguro que é prontiño!!;D

 

 

Información para 6ª

Ola rapaces/as!!

Para organizar o traballo que imos facer ao longo destes días necesito que me facilitedes unha conta de correo de gmail dos vósos pais. A miña idea é empregar a aplicación de google classroom. É unha aplicación gratuita que só tedes que descargar no ordenador. Alí irei subindo as diferentes tarefas e poderemos interactuar a través dun chat para ir resolvendo posibles dúbidas.

Así. cando poidades ide enviandome ao meu correo (cristinacandal@edu.xunta.es) unha dirección de correo de gmail do voso pai ou nai. A ver se nos podemos organizar canto antes!!

Un saudiño a todos/as e aproveitade o tempo para pasar bos momentos en familia!!!

Ríos de España

Para repasar os ríos de España aquí vos deixo outros xogos, acordarse de repasar primeiro os de Galicia!!;D

Xogo 1 

 

Xogo 2 

 

Xogo 3