Vostede está aquíEd. Infantil

Ed. Infantil


A INCLUSIÓN: RUTA SOCIAL CARA Á PAZ

O pasado día 30, celebramos no noso centro o Día da Paz. Este ano quixemos dedicalo á atención á diversidade, e á importancia da inclusión de todas as persoas.

O propio día fixemos actividades onde poder obter conciencia das dificultades que pode ter unha persoa con calquera tipo de discapacidade (auditiva, motórica, fala...) e vivenciar as dificultades que se pode atopar no seu día a día.

E por suposto despois dunha actividade tan bonita, compartimos todas e todos o recreo, e tamén comemos unha pequena merenda: unhas rosquillas ben merecidas.

E recordade que a inclusión en todos os aspectos é a ruta social cara á paz.

Aquí tedes unha pequena mostra de imaxes do que foi ese día: DÍA DA PAZ

FESTIVAL DE NADAL

Xa temos aquí as imaxes do Festival de Nadal que celebramos no centro, poderedes ver algunhas das postais que realizaron as nenos e nenos, imaxes da nosa obra de teatro "Boliña", e incluso a visita dos Reis Magos.

 Neste enlace poderedes ver as imaxes: FESTIVAL DE NADAL

SOPHIE NO CAMIÑO

Unha das actividades que se levaron a cabo na biblioteca durante o primeiro trimestre, foi a visita de OQO, neste caso a facer unha sesión coas nenas e nenos do noso centro, ao que asistiron as nenas e nenos de 5 anos.

"Sophie no camiño" forma parte dun proxecto onde se traballo a Camiño de Santiago, e onde na sesión pasaron por contos fermosos da propia editorial.

Se queredes ver algunhas das imaxes que deixou a sesión ollade este enlace: SOPHIE NO CAMIÑO

EXCURSIÓN A ORDES

Neste primeiro trimestre, o alumnado de Educación Infantil fixemos unha saída a Ordes. Neste caso fixemos dúas actividades ben bonitas.

Por unha parte, fixemos un taller de cociña coa nosa amiga Karina de "Factoría Doce", elaborando unhas galletas de Papá Noel e tamén uns amorodos con pasta de azucre. E a outra actividade, foi unha visita a biblioteca de Ordes, onde observamos a cantidade de libros e contos que temos a nosa disposición na biblioteca pública, e tamén fixemos unha actividade de plástica.

Dende o Ciclo de Educación Infantil, dicir que non deixedes de visitar aquelas ofertas culturais que temos a nosa disposición no concello, ben sexa a biblioteca, outros espazos públios, concertos..., cantas máis experiencias teñan as nosas nenas e nenos, unha estimulación e educación máis rica e ampla disfrutarán.

Neste enlace poderedes ver algunhas imaxes que nos deixou esta saída: EXCURSIÓN A ORDES

PROXECTO PREHISTORIA

Aquí vai unha pequena mostra doutro dos proxectos levados a cabo durante o primeiro trimestre, neste caso as nenas e nenos de 5 anos. Proxecto no que descubriron aspectos da prehistoria, os castros, as pinturas rupestres... aquí podedes ver algunha imaxe de dito proxecto. PROXECTO PREHISTORIA.

TIRULEQUES

No primeiro trimestre as nenas e nenos de Educación Infantil, tivemos a grande sorte de presenciar un grande acto de tiruleques, neste caso a divertida historia dun sapo, que se cenverte en... será mellor que as nenas e nenos volo conten, e seguro que pasades un ratiño divertido.

Neste enlace podedes ver algunhas das imaxes da actividade: TIRULEQUES.

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Unha das moitas actividades que realizamos durante o curso, son as celebracións dos aniversarios das nenas e nenos, que se realizan de forma mensual. E o pasamos xenial facendo a noso biscoito, seguindo a receita, e exercendo como grandes chefs. Que pena non podervos mandar un anaquiño, está delicioso.

Neste enlace poderedes ver imaxes da celebración: ANIVERSARIOS.

PROXECTO DA CHINA

Durante o primeiro trimestre, na clase de tres e catro anos, gracias a vosa colaboración, levamos a cabo un proxecto, neste caso en particular, sobre a cultura China. Neste proxecto descubrimos a súa grafía, aspectos sobre a súa cultura, as festas máis particulares, coñecimos ao noso amiGo Chunlee "o oso panda" e moitas cousas máis... e como non, fixemos que a nosa clase se adentrara tamén neste fermosa cultura. VIVA A DIVERSIDADE CULTURAL!!!

Neste enlace poderedes atopar algunhas das imaxes que nos deixou este fermoso proxecto: PROXECTO DA CHINA.

O OUTONO: MAGOSTO

O outono está a punto de marchar, e comezará unha nova estación, mais non podemos despedirnos sen esquencernos de aqueles momentos que tivemos no cole durante este período, sobre todo a grande festa que tivemos co MAGOSTO.

Fixemos unhas actividades de xogos coas castañas (tiro con castaña, levar a castaña nunha culler, bailar coa castaña...) e despois como non podía ser doutra forma, comemos castañas ata fartarnos, cos nosos cucuruchos feitos na clase, reciclando cartóns de leite. Viva o Magosto!

 

  NON CHAS QUERO,NON CHAS QUERO,

CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO;

NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO,

QUE ME CHEIRAN O CHAMOSCO.

 

Neste enlace poderedes ver o que alí aconteceu: MAGOSTO