Vostede está aquíSecretaría

Secretaría


Xornada de portas abertas

O vindeiro mércores 1 de marzo ás 17:00h. no noso centro educativo, teremos a xornada de portas abertas para as familias/alumnado de novo ingreso no centro da zona de influencia e resto de familias interesadas da contorna.

As vacantes por curso, a día de hoxe, son as seguintes:

Curso Prazas por curso Permanencias Vacantes
4º Inf. 25 0 25
5º Inf. 25 14 11
6º Inf. 25 23 2
1º Pri. 25 18 7
2º Pri. 25 17 8
3º Pri. 25 14 11
4º Pri. 25 13 12
5º Pri. 25 7 18
6º Pri. 25 14 11

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS 2023-2024

O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro de adscrición (IES Maruxa Mallo)  foi desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ámbolos dous incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da seguinte aplicación, mediante o modelo anexo I (código de procedemento ED550A), Admisión Alumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

 

Esta solicitude deberase presentar:

- No centro educativo de orixe (CEIP Mesón do Vento) no horario de atención ás familias do equipo directivo.

- En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común

- Na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

Modelo Anexo I en castelán (ED550A) 

Modelo Anexo I en galego ( ED550A)

Manual de proceso de reserva

- Instrucións para a reserva de praza

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Comezamos co procedemento para a renovación e, polo tanto, a elección ao consello escolar. 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de setembro), realizarase proximamente  a renovación de membros do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O director do centro.

- Un profesor ou profesora.

- Unha nai, pai ou titor/a legal.

- Unha representante do persoal de administración e servizos.

 

  • O primeiro paso do proceso é a publicación data e hora do sorteo público para a designación dos membros de Xunta Electoral, que será o vindeiro mércores 2 de novembro ás 14:50h.

SORTEO PÚBLICO

 

  • Posteriormente, as persoas titulares e suplentes escollidas no sorteo, serán informadas nese día e quedarán citadas para o xoves 3 de novembro ás 14:15 para levantar acta da constitución da Xunta Electoral e establecer o calendario de actuacións.

XUNTA ELECTORAL 

  • Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

  • Na primeira destas reunións, acordamos as datas e informacións básicas con datas esenciais do proceso:

CARTA ÁS FAMILIAS

 

  • Tamén se acordou o día 21 de novembro ás 14:15 horas como o momento do sorteo da mesa electoral, constituída por 4 nais/pais, titores/as legais e o director do centro.

SORTEO DA MESA ELECTORAL

INTEGRANTES DA MESA ELECTORAL

 

  • Rematado o prazo para a solicitude de candidaturas, engadimos a listaxe cos candidat@s (haberá prazo de reclamacións ata o 24 de Novembro).                   

LISTAXE DE CANDIDATOS 

 

  • Finalmente como informamos a través das cartas ás familias, as eleccións ao consello escolar sector familias será o martes 29 de Novembro do 2022 de 16:35 a 20:00.

 

  • Logo das votacións, informamos dos resultados:

CANDIDATOS ELIXIDOS 

 

Polo tanto, damos por finalizado o proceso, agradecendo a participación de toda a comunidade educativa.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.

 

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

 

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25 € nos centros docentes e que se empregarán preferentemente antes do 1 de decembro na librería/establecemento.

 

O vale para adquirir material escolar-ampliación (25€), obxecto desta resolución e o  vale para adquirir material escolar (50€) son vales independentes e non fraccionables, polo que se poderán empregar os dous nun único establecemento ou cada un deles, polo importe íntegro, en dous establecementos distintos.

 

Polo que, as familias beneficiarias anteriormente do vale de material (50€) poderán pasar pola secretaría do centro a recoller o vale adicional de 25€, no horario de atención ás familias do equipo directivo ata o vindeiro venres 4 de novembro.

Para máis información premede aquí.

 

Listaxes de material por curso

Presentamos as listaxes de material para o alumnado dos distintos cursos. Iremos engadindo as listaxes do resto de cursos nos vindeiros días. Premede no curso correspondente: 

1º de Primaria  2º de Primaria    3º de Primaria

4º de Primaria   5º de Primaria   6º de Primaria

Listaxe definitiva do fondo de libros

Vimos de publicar a listaxe definitiva do fondo de libros, non cambia nada con respecto á anterior adxudicación provisional. Para consultar os libros concedidos a cada alumn@, podedes entrar coa vosa chave 365 en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e premedes no apartado cidadán.

 

Libros de texto

Aquí tedes a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023. Para descargar a lista premede na imaxe.

  Recordamos que o prazo para formalizar a matrícula dos alumnos de nova incorporación rematou o 30 de xuño. Premede na imaxe para descargar o impreso.

Fondo Solidario 2022

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS COMPRA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
-A orde está no DOG do 18 de maio e toda a información completa aquí, nesta ligazón: FONDO SOLIDARIO. O formulario que hai que cubrir podédelo descargar aquí: ANEXO I e ANEXO II.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
OU: opcionalmente, de maneira presencial:
No colexio, do 24 maio – 22 de xuño. (16:35 - 17:45 h).
Utilizar letras maiúsculas.
A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.
Datos do centro:
Tipo de centro: público
Denominación: CEIP MESÓN DO VENTO
Concello: Ordes
Código: 15011105
Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º a 6º de EP.
Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP
Axudas para adquirir material escolar: toda EP.

Alumnado admitido 2022-2023

  Todo o alumnado que solicitou praza no centro para o curso 2022-2023 está admitido.

  Houbo 14 solicitudes para 4º de Educación Infantil e 1 solicitude para 5º de Educación Infantil.

Solicitude de Admisión 2022-23

  O prazo para solicitar a admisión de novo alumnado comezou o 1 de marzo e rematou o día 21 de marzo. Era recomendable a presentación telemática ou senón acudir ao centro despois das 16:30.

 Debido aos protocolos da pandemia este ano non houbo visitas presenciais pero aquí tedes un vídeo co que podedes facer un percorrido virtual polo noso centro.