Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Actividades fin de trimestre

  A última semana de decembro estivo chea de actividades. Despois de recibir o luns a Susa Herrera, tivemos o martes unha charla "Ordes + limpo" do Camiño Sostible e tamén unha charla formativa sobre a Central térmica de Cerceda. Pero sen dúbida o que máis lles gustou aos rapaces foi a excursión a Marineda para ver "Tadeo Jones 3: La tabla esmeralda". Pasámolo todos moi ben!!!

Carreira campo a través

O 2 de decembro visitamos a Madalena, no concello de O Pino, para participar na carreira de monte a través, grazas á "XOGADE".  Foi unha mañá fría e fermosa, onde @s ne@s vivenciaron unha carreira federada e desfrutaron da experiencia con outros centros educativos da contorna. Premede en Ardemiro para ver fotos.

25 N - Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres

Conmemoramos o día Contra a Violencia de Xénero!

En Educación Infantil lemos o conto "O país dos mandóns" e fixemos un bonito mural coas nosas mans.

En Educación Primaria participamos en "Do tradi ao Trap...baila morena!" un obradoiro de sensibilización de igualdade e erradicación da violencia para 4º, 5º e 6º e en "A que xogamos? Xogamos todos" un obradoiro de prevención de violencias e fomento da igualdade para 1º, 2º e 3º.

Premede abaixo para ver as imaxes da xornada. 

 

Formación sobre o plan de Autoprotección

O martes 22 de novembro, tivemos a formación para a actualización do noso plan de autoprotección e a revisión das normas para o simulacro (de incencio, por exemplo) , que será nas vindeiras semanas.

 

20N - Día Universal da Infancia

Facemos este vídeo para crear conciencia sobre o 20 de Novembro, o día Universal da Infancia. Toda a sociedade ten que desempeñar un papel clave para o benestar das nosas crianzas.

 

Magosto 2022

O seguinte venres 11 de novembro imos celebrar o magosto. Para levar a cabo esta festividade precisamos da vosa colaboración.

 

  • Necesitamos que cada nena/o traia unha presa de castañas adentadas o día anterior ou o propio día do magosto; e un recipiente para gardas as castañas. Para elo, bastará coa metade dun tetrabrik e un cordón que o suxeite. Este será decorado na aula.

 

Ao longo do día imos levar a cabo diversas actividades. Pola mañá realizaremos un circuíto de actividades cuxa temática son as castañas.

Posteriormente á tarde, comeremos castañas asadas e faremos unha foliada de magosto onde desfrutaremos da música tradicional que tocará algunha familia.

Por iso, querémosvos convidar a todas as familias e demais ex-alumn@s do cole a que veñades compartir connosco este día. Ademais, encantaríanos que calquera neno/a que toque algún instrumento se anime a traelo e a unirse a foliada!

Esperámosvos ás 15:30 horas o 11 de novembro!

Para ver fotos do evento, premede na imaxe.

 

 

Halloween e Carreira Solidaria

  O xoves 27 de outubro celebramos o HALLOWEEN no cole cun montón de xogos e actividades e, por suposto, con todo o mundo disfrazado. Premede na imaxe e veredes unha morea de fotos. Que ben o pasamos!

 E o venres 28, pola tarde, celebramos a Carreira Solidaria. Este ano tivemos que facela no pavillón pola choiva pero non nos importou. Ademais recadamos 575 euros!!! Foi unha semana fenomenal!

 

XUSTIFICANTE DE INGRESO

 

Plan Director

 O centro foi admitido para desenvolver o Plan Director, que son, neste caso, dúas

sesións formativas impartidas por expertos da Garda Civil sobre acoso e

ciberseguridade na internet.

 

O mércores 9 de novembro, o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

terá dende ás 14:50 ás 16:30 esas dúas charlas.

 

Está prevista unha segunda charla adaptada para mestras/es e para familias dos

devanditos cursos nese mesmo día, dende as 16:30 ata as 18h aproximadamente.

 

INSTRUCIÓN DO PLAN DIRECTOR

 

CARTA DO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA

 

Aquí temos imaxes desta xornada formativa.

Actuacións en maio

A semana das Letras Galegas tivemos unha morea de emocións: viñeron tres profesoras lituanas para ver como traballamos e visitáronnos o autor Antonio Manuel Fraga, o contacontos BENXAMÍN e a sabia toupa de TOUPICIENCIA. Para ver fotos premede nas ligazóns.

Día da Árbore 2022

  O 21 de marzo, cando vai empezar a primavera, aproveitamos para plantar unha árbore. Se en 2019 fora un arce xaponés, esta vez plantamos unha oliveira!. A clase elixida para a ocasión foi a de 1º de Primaria. Os nenos leron un "Manifesto" diante da concelleira Susana García e logo taparon e regaron a árbore. Foron recompensados cunhas bolsas con lambetadas. Para ver fotos, premede na imaxe.

  E se queredes saber cales son as árbores que podemos ver na nosa comarca, premede aquí