Vostede está aquíAnimación á lectura

Animación á lectura


Padriños Lectores 2017

 Xa por terceiro ano, os nosos alumnos de 4º, 5º e 6º curso prepararon e contáronlle contos aos máis pequenos. A actividade tivo lugar despois do recreo, os días 19, 20 e 21 de abril.

  O bo tempo permitiu que todas esas historias tiveran como marco os distintos recunchos do patio, o que as fixo máis divertidas. Preme na imaxe de Ardemiro se queres ver algunha foto.

O Bardo Abelardo

   O mércores 19 de abril recibimos a visita de Abelardo, o bardo. Falounos do gran escritor Carlos Casares, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e dalgúns dos libros que escribiu e traduciu. Logro demostrou co seu acordeón o ben que toca e canta. Premede na imaxe para ver algunha foto do ben que o pasamos.

Sophie no camiño

 O luns 19 de decembro tivemos durante todo o día varias sesións de contacontos sobre o libro "Sophie no camiño" que conta a viaxe dunha nena polo Camiño de Santiago. Pasámolo xenial. Premede na imaxe para ver as fotos e no título se queredes ver o libro.

  Logo os alumnos de 4º curso fixeron un impresionante traballo sobre o Camiño Ingles pola comarca de Ordes. Se queredes velo, premede aquí: CAMIÑO INGLÉS.

Álbum do Outono

 Este ano decidimos tirar a casa pola fiestra e coa colaboración das familias, ás que solicitamos que nos mandasen ditos, refráns, adiviñas ... compuxemos, non unha revista, senón un álbum con pegatinas como se fosen cromos, debuxadas polos rapaces de todos os cursos. Este duro labor levouno a cabo fundamentalmente o profe José Antonio de A.L. coa axuda do grupo da biblioteca. Aquí podedes ver o resultado do traballo (iso si, por dificultades técnicas, sen os debuxos orixinais). Premede na imaxe.

Antón Cortizas

 O mércores 4 de maio recibimos a visita do escritor ANTÓN CORTIZAS que lle veu dar unha charla aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

  Previamente tiñamos lido unha das súas obras, "A merla de trapo", que nos gustara moito. A charla foi moi amena e aprendemos moitas cousas. Ah! e ao final firmounos todos os libros! Premede na imaxe para ver máis fotos.

Feliz Feroz 2016

 O martes 26 de abril veu ao cole por cortesía da Editorial Anaya o contacontos Iago López, vello coñecido noso porque nos ten visitado máis veces. Veu para contarlles aos de Infantil, 1º e 2º a historia dun lobiño que non encaixaba moi ben na súa familia. O conto gustounos moito e iso que os de 1º e 2º xa léramos o libro. Premede no lobo para ver as fotos.

Espantallo amigo 2016

  Outro dos autores que quixemos homenaxear este ano Foi Xosé Neira Vilas. Así que todos os alumnos de Ed. Primaria mercamos e lemos o seu libro "O espantallo amigo". Logo, o 20 de abril, fomos á Casa da Cultura en Ordes para ver unha representación da mesma obra por parte da compañía "Os Quinquilláns".

  Pásamolo xenial véndoa e agora coñecemos moito mellor a un dos autores máis importantes que deu Galicia.

Apadriñamento lector 2016

 Volvemos a repetir unha das exitosas actividades do curso pasado. Os nosos alumnos de 4º,  5º e 6º curso contáronlle contos aos seus compañeiros máis pequenos durante a 3ª semana de abril. Non podían faltar varios contos sobre as aventuras de Don Quijote, celebrando o cuarto centenario de Cervantes. Unha vez máis, grazas aos nosos alumnos maiores que demostraron unha gran responsabilidade e se esforzaron ao máximo ensaiando e preparándose para estes días.

4º Centenario de Cervantes

 O mes de abril celebráronse os 400 anos da morte do noso escritor máis ilustre: Miguel de Cervantes Saavedra.

   No noso cole non deixamos pasar esta data sen celebrala como merece. Aquí podedes entretervos cunha morea de actividades on-line premendo na imaxe de Cervantes.

Paula Carballeira 2015

 O mércores 13 de maio tivemos o pracer de recibir no CEIP do Mesón á coñecidisima Paula Carballeira. Para os que aínda non o sabedes, Paula, natural de Fene e licenciada en filoloxía, é unha muller sumamente polifacética posto que escribe libros infantís e xuvenís, traballa como actriz e é unha xenial contacontos que conecta totalmente con calquera tipo de público.

  Premede na imaxe para ver as fotos do evento.