Vostede está aquíDeportes

Deportes


Enquisa 2011

  Nunha enquisa realizada aos rapaces do colexio (entre 4 anos e 6º curso) sobre cal era o seu deporte favorito, o resultado non foi sorprendente: O fútbol é o rei.

  41 de 79 (case un 52 %) son afeccionados ao fútbol. Ademáis esa porcentaxe sube ata un 76 % no caso dos varóns (38 de 49).

  Entre as rapazas non mola o fútbol. Os seus deportes favoritos son: a natación, a comba, o badminton ou xogos coma correr e saltar.