Vostede está aquíErasmus +

Erasmus +


Mobilidade Erasmus+ a Lisboa

E chegou un dos momentos máis ansiados deste curso escolar, a nosa primeira mobilidade Erasmus+ de alumnado a Lisboa, a capital de Portugal. Serán os 14 alumnos de 6ºEP os que formarán parte de esta expedición que será dende o domingo 14 de abril ata o venres 19 de abril do 2024 e irán acompañados por Alexia (mestra de 6ºEI) e Álex Varela (director do centro).

O noso centro anfitrión, o Agrupamento de Escolas de Emidio Navarro concretamente na súa Escola Básica D.António da Costa, xa se fan eco da nosa chegada nas súas web e blog oficial:

https://erasmus-ensino-escolar-21-27.blogspot.com/2024/04/ceip-meson-do-vento-vai-estar-na-escola.html

https://www.aeen.pt/2024/04/11/erasmus-rececao-de-alunos-galegos/

Queremos agradecer a disposición do equipo Erasmus+ portugués para que este proxecto se fixese realidade.

No apartado Erasmus+ desta nosa web, intentaremos colgar novas diarias co máis destacado de cada día.

Deixamos en ficheiros adxuntos o programa de actividades que imos a realizar nesta mobilidade para lograr, entre outros obxectivos, a divulgación do Camiño de Santiago, concretamente o Camiño Inglés e o desenvolvemento a competencia lingüística nunha lingua estranxeira.

Déixámosvos cun vídeo-resumo da mobilidade:

Premendo na imaxe de abaixo, veredes os mellores momentos de cada día. 

Preparando a mobilidade de Lisboa

A mediados de novembro tivemos o primeiro achegamento cos nosos socios portugueses.

Tendes máis información na seguinte ligazón: https://erasmus-ensino-escolar-21-27.blogspot.com/2023/11/ceip-meson-do-vento.html

 

Acreditación Erasmus+ concedida!

Temos o pracer de informarvos de que o noso centro foi seleccionado, entre moitos centros de toda España, para a Acreditación Erasmus+, o que implicará mobilidades de alumnado e profesorado dende o vindeiro curso escolar ata o 2027.

Agardamos que esta oportunidade nos abra novos camiños para a formación persoal e académica de toda a comunidade educativa do noso centro.

Iremos informando periodicamente na web do centro (á dereita no apartado Actividades - Erasmus+) e no Consello Escolar dos pasos a seguir de cara ao vindeiro curso.

Tendes o arquivo da resolución definitica dos centros seleccionados en ficheiros adxuntos.

Para ver fotos da gran festa que celebramos con este motivo, premede aquí: FOTOS.

Enquisa inicial Erasmus+

Como parte da fase inicial da nosa Acreditación KA120 Erasmus+, as familias tendes que realizar unha enquisa para valorar aspectos fundamentales do programa, sobre todo, con respecto ás movilidades é como estas poden influír no noso alumnado. Cando a rematedes lembrádevos de premer no botón de ENVIAR.

 

Aquí tendes a enquisa: https://forms.gle/K2oAwePt5VTatqGS7

 

Recibimos a 3 mestras de Lituania no noso centro

Esta semana temos a visita profesional de 3 mestras de Lituania (2 mestras de Primaria e 1 especialista en Pedagoxía Terapéutica) como parte dun proxecto Erasmus+ chamado “Promoting teacher leadership by moving to learning paradigm”. O seu principal obxectivo é observar de primeira man (job shadowing) como a educación galega/española funciona. Neste primeiro día estiveron observando as nosas instalacións, realizando unha presentación do seu país, cidade e da súa escola e finalmente comezaron coas observacións de boas prácticas do noso profesorado en diversos cursos.

 

 

 

 

Información sobre a acreditación para os proxectos Erasmus+

Os proxectos Erasmus+ son proxectos europeos eminentemente transformadores, non só para o alumnado e profesorado, senón tamén para todas as familias e persoal do centro, que teñen que ser unha peza fundamental dos mesmos. Por elo, achegamos información a través dunha serie de documentos para poder entender mellor o que conleva.

 Primeiramente debemos contextualizar a situación e, ter en conta que, o centro leva xa varios anos apostando pola internacionalización con seccións bilingües en Música e Educación Física que foron aumentando ao longo do tempo.

 Como consecuencia do anterior, comezamos a dispoñer dun auxiliar de conversa nas nosas clases compartido con outro centro da contorna.

 Ademais, comezamos hai 5 anos con proxectos en eTwinning, onde logramos 2 selos de Calidade Nacional e 2 selos de Calidade Europea, e formamos unha longa rede de contactos mediante os cales realizamos actividades conxuntas, videoconferencias....

Grazas ao CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia), tamén puidemos realizar un Erasmus+, como consorcio, para mellorar a metodoloxía CLIL (materias bilingües) do profesorado e a introdución nos programas europeos a través de cursos e observación en centros escolares, que tiveron lugar en Escocia, Lisboa e Viena.

 

Máis información podedes obtela na seguinte presentación:

 

 

 Logo de observar o camiño andado, centrámonos en Erasmus+.

 

Aquí temos os documentos para a presentación inicial dun proxecto Erasmsus+:

 - Un folleto onde mostramos os aspectos básicos da acreditación que nos dá a chave para poder realizar as posteriores mobilidades. (Achegado abaixo)

 - Un documento onde se mostran os obxectivos prioritarios a lograr e as modalidades do programa. (PREMEDE AQUÍ)

 - Un documento con aspectos máis específicos da acreditación, coma o prazo, as súas vantaxes e os criterios de calidade. (PREMEDE AQUÍ)

Erasmus+ KA 101 Mobilidade a Viena

Dende o domingo 7 ata o sábado 13 de novembro, 2 mestres do centro, emprendemos a nosa derradeira mobilidade dentro do proxecto WINK. Desta volta foi un curso moi completo onde realizamos varias accións:

  • Profundizamos na metodoloxía CLIL (Content and Language Learning Integrated) da man de Ronald Kemsies (doutor na Universidade de Educación de Viena).  Ademais, mostramos boas prácticas CLIL co aprendido no curso.

 

 

 

  • Fomos ata o Future Learning Lab, o centro de innovación educativa de Austria, onde realizamos obradoiros sobre a aprendizaxe activa, a codificación e os contacontos. Tamén observamos material coma impresoras 3d, cortadoras láser de madeira, croma...

 

  • Para finalizar, tivemos a oportunidade de facer job shadowing (observación) nun centro educativo de Viena, onde estaban a codificar co programa snap e logo cosían os modelos realizados polo alumnado cunha máquina de coser especializada.

Erasmus+ KA 101 Mobilidade a Lisboa

Dende o 26 de Setembro ata o 2 de Outubro, dous mestres do centro estiveron a realizar en Lisboa un curso chamado DIPS21 sobre a creación e  desenvolvemento de proxectos europeos, como parte do noso proxecto Erasmus+ Wink retomado este ano.

Aquí podedes ter parte dos contidos traballados ao longo desta intensa semana de traballo:

 

 

Foto dos integrantes galegos dos proxectos Erasmus + Wink (Ordes) e Camine (Melide):

 

 

Mobilidade a Lisboa

O vindeiro domingo 26 de setembro, 2 integrantes do claustro do CEIP Mesón do Vento comezarán a mobilidade a Lisboa como parte do proxecto de Erasmus+ KA101 chamado Wink, e que comezou en 2019 pero por mor da pandemia se tivo que aprazar. Esta mobilidade ten como obxectivo aprender a crear proxectos europeos e ao tempo, observar boas prácticas para poder desempeñalas no noso centro. Máis abaixo teredes o programa semanal completo.

 

Por outra banda, tamén vai a ser un momento para mostrar as boas prácticas que levamos desenvolvendo no centro durante os anos de sección bilingüe, polo tanto, imos a realizar unha exposición para o resto de profesorado europeo do curso. Aquí tendes a presentación:

 

Describindo aos nos@s amig@s de Dundee

A semana pasada recibimos cartas do colexio Blackness Primary School de Dundee como parte do noso proxecto de Erasmus +. Primeiramente, co alumnado de 6º collimos unhas cartas ao chou e comezamos a describilas diante dos nos@s compañeir@s. Temos uns amig@s en Dundee moi interesantes!