Vostede está aquíSec. Bilingües

Sec. Bilingües


Internacional Day of Disabled People

Como parte do noso novo proxecto eTwinning chamado: "Rhythm, movement, speech" decidimos conmemorar o día internacional da discapacidade cos nosos novos socios europeos (Turquía, Italia, Polonia e Eslovenia) elaborando un vídeo conxunto.

 

Gañamos de novo o Selo de Calidade Europeo en eTwinning

Ao longo do curso pasado estivemos traballando dende as áreas de Música e Educación Física nun proxecto chamado "Differences are our richness" dentro da recoñecida plataforma educativa europea eTwinning.

Consistía nun traballo colaborativo entre os 8 países socios (Albania, Alemaña, Italia, Portugal, Romanía, Turquía, Serbia e España) realizado tanto en galego, castelán coma en inglés onde logramos en agosto o recoñecemento a nivel nacional, é dicir, ser un dos mellores proxectos en España e nesta semana, recibimos a notificación de que logramos o Selo de Calidade Europeo.

Cabe destacar que hai 3 anos xa gañaramos este galardón co proxecto: "What are some traditional dishes of our country?".

Polo dito anteriormente, aproveitamos a festividade do magosto para darlle a boa nova ao alumnado participante e outorgarlle o diploma acreditativo do seu bon facer dentro deste interesante proxecto. Premede na imaxe inferior para ver as fotos do evento.

 

Implantación de novas seccións bilingües

A previsión para o vindeiro ano é que Educación Musical vai a ter seccións bilingües dende 1ª ata 5º de Primaria e Educación Física de 3ª ata 6ª de Primaria. 

Co cal, en Educación Musical vaise a engadir un novo curso (en 5º de Primaria) e en Educación Física vaise a manter coma o ano pasado.

Aportamos unha presentación con todo o referente a este tema.

 

Contacontos (Storytelling) en Educación Infantil

Logo de realizar o contacontos por todos os cursos de Educación Primaria, Joe emprendeu este martes 23 de marzo a súa rolda por Educación Infantil comezando por 6º de Educación Infantil, para contarnos unha historia sobre a Pascua (Easter) onde incluso tiveron que buscar uns ovos agochados polo centro.

Co que non contaba o noso auxiliar, foi coa gran benvida que lle brindou o noso alumnado de 5 anos, xa que, estiveron coñecendo Michigan, o lugar de procedencia de Joe e decidiron realizar unha pequeno agasallo para el.

 

Comprendemos o que é un torneo co March Madness

Dentro do traballo realizado de xeito teórico na unidade didáctica de baloncesto en Educación Física, nestas últimas semanas estivemos falando do March Madness, un torneo de baloncesto universitario norteamericano que este ano ten lugar en Indianapolis.

Para elo, tanto o mestre Álex e coma Joe, o noso auxiliar de conversa, primeiramente explicaron o que é un torneo (e as súas eliminatorias) e a partir de aí, escribimos o cadrante cos equipos do torneo deste ano e asignámoslle un curso por cada rexión e decidiron realizar o seu pronóstico ata a Final Four. Ao longo das vindeiras semanas observaremos cantas acertamos.

Con isto, intentamos darnos de conta da diferenza de pronunciación de nomes propios en distintos idiomas e diferente vocabulario con respecto aos torneos.

 

 

Videoconferencia co colexio Beethoven de Berlín

O alumnado de 6º de Primaria ven de participar o martes 2 de Marzo nunha videoconferencia cun dos nosos socios en eTwinning, neste caso o colexio Beethoven de Berlín. Dase a particulariedade que esta videoconferencia realizouse tendo ao noso grupo na aula de informática e o grupo alemán estaba confinado nas súas casas debido ao COVID-19.

Foi unha experiencia moi enriquecedora onde contestamos a unha chea de preguntas onde nos demos a coñecer e coñecemos moito sobre a gran cidade de Berlín e ademais fixemos un Kahoot (xogo interactivo) onde puxemos a proba os nosos coñecementos sobre os lugares onde viven parte dos nosos socios europeos eTwinning.

 

 

 

 

 

Joe explícanos como lanzar a canastra

Continuamos coa unidade didáctica de baloncesto para os cursos que teñen seccións bilingües en Educación Física coa explicación do lanzamento a canastra realizada por Joe, o noso auxiliar de conversa.

 

 

Presentación do auxiliar de conversa

O xoves 18 de febreiro tivemos a presentación do noso auxiliar de conversa Joseph Kaputska (Joe) procedente de Michigan, Estados Unidos.

Dende finais de outubro ata agora estivo no IES de Ordes e agora vainos acompañar ata finais de maio de luns a xoves tanto na totalidade das horas das seccións bilingües de Educación Musical (de 1º a 4º de Primaria) coma en Educación Física (de 3º de Primaria ata 6º) e nalgunhas horas de Inglés. Ademais de todo o anterior, tamén vai a facer de contacontos os martes na hora de ler rotándose polas distintas aulas de todo o centro.

 

Aquí temos algunha das imaxes da súa presentación polas aulas de Educación Primaria.

 

Tongue Twisters

O noso alumnado de 6º realizou uns trabalinguas (tongue twisters) como parte do proxecto de eTwinning que estamos realizando co resto de colexios asociados europeos. Premede na ligazón para ver a lista de reproducción, son 22 vídeos moi curtos. Let's see what they have done!

 

https://youtube.com/playlist?list=PLDttHZnTnqIRoXRhld5f4KcUQe5PWPn3y