Vostede está aquíActividades

Actividades


Talleres de Nadal

  Os días 28, 29 e 30 de decembro a ANPA organizou uns talleres de NADAL que contaron con moita asistencia (36 nenos en total e 5 nais) que o pasaron de medo decorando as súas camisetas e facendo adornos e saborosos cupcakes.

  A experiencia foi tan boa que esperamos que se repita moi pronto!!! Para ver fotos, premede na imaxe.

Festa en Patinaxe

 O xoves día 15 de decembro as nenas e nenos que van a actividade de patinaxe no pavillón do CEIP Mesón do Vento celebraron unha pequena festa de fin de trimestre na que contaron cunha aparición moi especial que lles fixo moita ilusión e lles trouxo algúns agasallos.

Se queredes ver as fotos, premede na imaxe.

Campaña de Nadal 16

   A ANPA recolleu material para doalo á FUNDACIÓN ANDREA  que presta un gran apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

(www.fundacionandrea.info)

 O venres 30 de decembro, fíxose a entrega de todo o material doado, tanto polos pais dos alumnos como polo propio centro, á Fundación Andrea de Santiago de Compostela. Amaya Castro, coordinadora de proxectos da Fundación, mostrouse enormemente agradecida por todo o material que lles foi entregado: xoguetes, roupa, enseres de bebé, produtos de hixiene, unha gran cantidade de libros....

 Adxuntamos o email remitido ao correo da Anpa, dándonos as grazas.

Sorteo Nadal 16

  O luns 26 de decembro Alberto Conde Pereiro, veciño  de Xavestre (Trazo) e posuidor  do número 6513 que coincidía coas catro últimas cifras do primeiro premio da Lotería de Nadal, recibiu a gran cesta por gañar o sorteo da ANPA.

  Noraboa a el e grazas a todos os que participastes vendendo e mercando rifas. 

Benvida da ANPA ao novo curso!

  Dende a directiva da ANPA, damos a benvida a todos ao novo curso escolar.

  Informamos a todos os pais/nais de alumnos que xa estamos traballando na oferta das actividades extraescolares para este curso 2016/17.
  As actividades ofertadas polo concello son as seguintes:
      Patinaxe (martes e xoves).
      Zumba (luns e mércores).
Actividades ofertadas pola Anpa:
      Natación (luns e mércores).
      Taller interactivo de inglés (previsto para luns, mércores e venres).
 
  Os interesados nas actividades ofertadas polo concello, teñen que dirixirse directamente ao Dpto de Cultura e Deportes do mesmo. Sen embargo, os que estén interesados nas actividades ofertadas pola Anpa, que se poñan en contacto con calquera membro da directiva para informarse.
 

Festa Fin de Curso 2016

 Para non coincidir coas Eleccións Xerais, a ANPA adiantou a súa tradicional festa de fin de curso ao domingo 19 de xuño. O tempo acompañou cun día magnífico, así que a xornada foi un éxito total con ampla participación. Se queredes ver algunha foto, premede na imaxe.

Festa Choqueira 2016

 O domingo 7 de febreiro, a ANPA do CEIP Mesón do Vento organizou na sala de festas JOSFER unha "Festa Choqueira".

  Como podíades ver no cartel anunciador, a festa comezou ás 4 da tarde e rematou ás 8. Houbo un agasallo para todos os nenos e nenas que asistiron.

  A ANPA agradece a súa colaboración ao Concello de Ordes e, por suposto, á Sala Josfer.

Sorteo dunha cesta de Nadal 2015

  A ANPA do noso cole aproveitou as festas para sortear unha cesta de Nadal coincidindo co gordo da Lotería Nacional do 22 de decembro de 2015. O número premiado foi o 140.

  O día 29 de decembro a secretaria da ANPA, Ana Liñares, entregou a cesta á afortunada gañadora, Ana Couceiro Pisos, natural de Santiago pero de fortes vínculos co noso concello. Noraboa!!!

Festa Fin de Curso 2015

 O domingo 21 de xuño celebrouse a festa de fin de curso organizada pola ANPA coa xa habitual churrascada e inchables para os máis pequenos. Gran día de calor e diversión que se prolongou ata as últimas horas da tarde. Preme na imaxe para ver algunhas fotos.  

Festa Fin de Curso 2014

  O domingo 22 de xuño tivo lugar a festa de fin de curso do CEIP Mesón do Vento organizada pola ANPA do MESÓN.

  En principio estaba previsto celebrar a festa no colexio, pero as tormentas do sábado fixeron cambiar o emprazamento á nave do Campo da Feira. Alí tomouse a gran churrascada cun menú a prezos populares. Tamén houbo inchables gratis para os máis pequenos (e non tan pequenos) e un touro mecánico.

  A ANPA quere agradecer a súa colaboración ao Concello de Ordes, ao Restaurante "Avelino" e á Discoteca "Josfer". Se queredes ver algunha foto máis, premede na imaxe.